Saltar navegación

ESTRUTURA

O que provoca que os plásticos presenten un conxunto de propiedades similares, é a súa estrutura química. Antes de avanzar no estudo dos materiais plásticos empregados para fabricar a MarumaSat, estuda como son.

Aprende

Os plásticos poden definirse como un conxunto de materiais sintéticos de orixe orgánica facilmente moldeables por calor e presión.

Todos os plásticos son polímeros, é dicir, son materiais compostos por moléculas de cadea longa constituídas, cada unha delas, por unidades repetitivas (monómeros) que se conectan entre si, podendo haber miles ou millóns delas nunha soa molécula (macromoléculas).

Polímero. Raquel Rendo. Commons WikimediaCC BY-NC-SA 4.0

Os polímeros poden ter orixe natural, como o caucho, pero a maioría deles son sintéticos e obtéñense a partir de compostos derivados do petróleo, o gas natural ou o carbón. A maioría dos plásticos pertencen a este último grupo e están constituídos maioritariamente por átomos de carbono (C) e hidróxeno (H).