Saltar navegación

INFLUENCIA DA TECNOLOXÍA NA SOCIEDADE

Antes da existencia dos satélites meteorolóxicos, as predicións do tempo facíanse en base aos datos de superficie que se recollían nas estacións terrestres e tamén dos datos en altura, obtidos por medio de radiosondas como a que leva a MarumaSat. Eran predicións pouco fiables, que non permitían adiantarse moito a fenómenos naturais como temporais, furacáns, etc... Os adiantos tecnolóxicos facilitan o traballo dos meteorólogos e en moitas ocasións contribúen a evitar catástrofes naturais.

Aprende

Cando falamos da influencia da tecnoloxía na sociedade debemos ter claras cinco cuestións básicas:

A historia da tecnoloxía empeza na Prehistoria.

A tecnoloxía non se refire só a cousas moi complicadas e difíciles

A tecnoloxía facilita a vida das persoas e inflúe na súa calidade de vida

A tecnoloxía inflúe no progreso social e económico.

A tecnoloxía causa o deterioro do medioambiente, pero tamén axuda a coidalo.

Atopa a explicación facendo as actividades seguintes

Jornadas Tecnología, Desarrollo y Sociedad. U.Deusto. Flickr. CC BY-NC-SA 2.0