Deseño definitivo aro estabilizador da MarumaSat
No estudo do deseño de obxectos 3D mediante a aplicación online Blockscad estudamos os bloques Formas 3D, Transformacións (trasladar) e Op. de conxuntos (diferencia).
A combinación destes da forma axeitada permitirache deseñar o aro estabilizador para as cápsulas MarumaSat.
Ten en conta que:
- no bloque diferencia podes incluír máis dun substraendo:
- a forma máis sinxela de colocar os buratos para as cordas é situalos sobre os eixes coordenados.
Por último, non debes confundir radio e diámetro.
Os datos necesarios para o deseño son:
- diámetro externo do aro 200 mm
- diámetro interno do aro 180 mm
- ancho: 10 mm
- diámetro dos buratos para as cordas: 6 mm