Saltar navegación

Arquivo .stl

Aprende

O proceso de deseño da peza que queremos imprimir en 3D remata coa descarga do arquivo .stl. Recorda que .stl é a extensión e que nos indica o formato do arquivo: 

Isto pódese facer desde a aplicación web Blockscad, tan só facendo clic no botón generar STL situado na área de debuxo, que non é visible cando non hai ningunha figura representada, aínda que teñamos instrucións na área de programación.

Cando prememos no botón o arquivo gardase na carpeta de descargas (ou aquela que teñamos definida para as descargas) co nome do arquivo, se estamos identificados en Blockscad, ou co nome "Sen título" no caso contrario.

Xerar arquivo stl. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0