Saltar navegación

Teoría cinético-molecular

Como todos os gases, o helio que enche o globo da MarumaSat presenta unha gran comprensibilidade, unha extraordinaria capacidade de expansión, non ten un volume fixo e é miscible case en calquera proporción. Como podemos explicar estas propiedades que fan que os gases se comporten de xeito tan diferente aos líquidos e os sólidos?

Aprende

Os gases foron o primeiro sistema material en ser estudado: no século XIX e co obxectivo de poder explicar o seu comportamento, distintos científicos contribuíron a elaboración da Teoría Cinético Molecular, que parte das seguintes hipóteses:

1

As partículas (moléculas) que forman os gases están moi separadas entre sí, polo que o volume que ocupan é moi pequeno en relación co volume total que ocupa o gas.

2

As moléculas do gas están en continuo movemento, chocando entre sí e contra as paredes do recipiente que as contén de xeito caótico.

3

A temperatura do gas é unha manifestación deste movemento: canto maior sexa a velocidade das moléculas, maior será a temperatura do gas e viceversa.

4

A presión dun gas confinado nun recipiente hermético é consecuencia das colisións das moléculas contra as súas paredes.

5

Entre as partículas do gas existen forzas de atracción ou cohesión moi débiles, polo que son incapaces de mantelas unidas.

Translational motion.gif
Translational motion. Greg LCommons Wikimedia. CC BY-SA 3.0