Saltar navegación

De que está composto o aire?

Durante o seu voo as sondas MarumaSat van atravesando á troposfera e a estratosfera, pero... como é o aire nestas capas? Varía a súa composición coa altitude? Existe algún compoñente que aumente moito a súa concentración nalgunha zona concreta?

Aprende

Denomínase aire á mestura de gases que constitúen a atmosfera terrestre, que permanecen ao redor do planeta pola acción da forza da gravidade.

A proporción dos diferentes gases no aire é lixeiramente variable, mais pódense considerar as seguintes:

78% nitróxeno: é un gas incoloro e inodoro. Poucos seres vivos son capaces de empregar o N2 atmosférico, a pesar do cal é un compoñente que se atopa en todos eles.

21% osíxeno: é un gas imprescindible para a respiración que producen as plantas no proceso da fotosíntese.

1% outros gases: entre os que destacan o dióxido de Carbono (CO2) que é expulsado polos seres vivos na respiración e utilizado polas plantas para realizar a fotosíntese; o vapor de auga, fundamental para o ciclo da auga e para o clima; e o argón, un gas inerte.

Esta composición do aire manténse estable nos primeiros 100 quilómetros da atmosfera, pero a medida que aumentamos a altitude diminúe a súa concentración de xeito que o 75% do aire atópase nos primeiros 11 km.

A partir de Atmosferic Air components. Vijayanrajapuram. Wikimedia CommonsCC BY-SA 4.0