Saltar navegación

Principio de Arquímedes

Aprende

Arquímedes

A anécdota máis coñecida sobre Arquímedes, matemático da antiga Grecia, conta como inventou un método para determinar o volume dun obxecto cunha forma irregular.

Hierón II, tirano gobernador de Siracusa, pediulle a Arquímedes, que pescudase se a súa nova coroa estaba feita de ouro puro ou se un ourive deshonesto lle agregara prata. Arquímedes tiña que resolver o problema sen danar a coroa, así que non podía fundila e convertela nun corpo regular para calcular a súa densidade.

Mentres tomaba un baño, notou que o nivel da auga subía na bañeira cando entraba, e así deuse de conta de que ese efecto podería usarse para determinar o volume da coroa. Debido a que a compresión da auga sería desprezábel, a coroa, ao mergullarse, desprazaría unha cantidade de auga igual ao seu propio volume. Ao dividir a masa da coroa polo volume da auga desprazada, poderíase obter a densidade da coroa. A densidade da coroa sería menor se outros metais máis baratos e menos densos se lle engadiran. Entón, Arquímedes saíu correndo espido polas rúas, de tan emocionado como estaba polo seu descubrimento, gritando Eureka! (en grego antigo: εὕρηκα, que significa 'encontreino!') 

A historia da coroa non aparece nos traballos coñecidos de Arquímedes, pero no seu tratado Sobre os corpos flotantes dá o principio de hidrostática coñecido como o principio de Arquímedes.

... e o seu principio.

Principio de Arquímedes. MasterD. En YouTube. Licenza estándar de YouTube.