Saltar navegación

Actividade 9

Canto Helio enche o globo?

O globo que elevou a MarumaSat-II até á altura récord de 33.612m encheuse con aproximadamente 940 cuatrillóns de átomos de Helio ou, o que o mesmo, 9,4·1025 átomos deste gas. 

Pero esta forma de indicar a cantidade de helio que hai que introducir no globo non é útil para o equipo que debe encargarse desta tarefa o día o lanzamento. Saberías expresalo doutra forma que poida ser facilmente interpretable e cuantificable?

Se esta actividade che resulta moi complicada, proba a facer antes as CUESTIÓNS PREVIAS.

Cuestións previas

Fai os cálculos necesarios para comprobar se a afirmación é verdadeira ou falsa. Activa a suxestión para obter unha pista sobre como resolver. 

Pregunta 1

12·1023 átomos de helio, son 72,24 moles.

Suxestión

Para calcular o número de moles a partir do número de átomos operamos de igual forma que se nos din que temos 36 ovos e nos mandan calcular cantas docenas son (36/12=3).

Pregunta 2

A masa de 50 moles de helio son 0,2 Kg

Suxestión

Para resolver necesitamos coñecer a masa molar do helio: 4 g/mol

Pregunta 3

10 kg de helio ocupan un volume de 56 m3

Suxestión

Para facer este cálculo necesitamos coñecer a densidade do helio, que podemos considerar igual a 0,1785 kg/m

Solución

A cantidade de helio que enche o globo é ...