Saltar navegación

Introdución

Lee con atención este texto para facerte unha idea do proxecto "MarumaSat: Cos pes no chan e os ollos nas estrelas" que leva a cabo NOSA, Axencia Espacial Escolar Galega. Foi publicado no blog Ceos Galegos con motivo do lanzamento da sonda estratosférica MarumaSat III da NOSA, a Axencia Espacial Escolar Galega, en maio de 2018.

ARRIBA E ALÁ IMOS!

Por Dosi Veiga. Publicado en www.ceosgalegos.com o 13 de maio de 2018

Aí o vai. Iso é un experimento espacial. Unha sonda que despega cara o espazo pendurada dun globo de helio. Realmente chegará á estratosfera. Unha capa da nosa atmosfera de bordos difusos que dependen da latitude, pero que podemos estimar que ocupa entre os 10 e os 50 quilómetros de altura. É o reino das temperaturas baixo cero e a falta de humidade ambiental. A densidade é tan pequena que ese globo vai aumentar o seu tamaño ata ocupar tanto coma un camión. A cantidade do gas interior é o mesmo, pero ao diminuír a densidade exterior o globo inchará. No momento no que chegue ao seu límite de elasticidade estoupará e a sonda iniciará unha caída libre. 

Non terá chegado ao espazo, un lugar que se considera está na denominada liña de Kármán aos 100 km de altitude. É o reino das auroras. Aí os avións non dan chegado porque carecen da sustentación necesaria pola pouca densidade do aire.Estación Espacial Internacional orbita un pouco máis alto.

MarumaSat-III. NOSA. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0