Saltar navegación

Principais magnitudes dos gases

Na folla de especificacións técnicas da botella de aceiro na que se subministra o helio indícase que o seu volume é de 50 l e que contén 9,1 m3 deste gas a 200 bar. Saberías interpretar estes datos? A que magnitudes corresponden?

Aprende

Para estudar e comprender o comportamento dos gases é necesario coñecer a súa vez, tres magnitudes: presión (P), volume (V) e temperatura (T) e unha unidade, o mol (n).

Presión

A presión (P) é a relación que existe entre unha forza (F) é a superficie sobre a que se aplica (S); a súa unidade no S.I. é o Pascal.

\[P=\frac{F}{S}\;\; \; \left [1Pa=\frac{1N}{1m^{2}} \right ]\]

Pxhere. CC0 1.0

(1 atm=1 bar= 760 mmHg= 101.300 Pa)

Segundo a teoría cinética a presión dun gas está relacionada co número de choques por unidade de tempo das moléculas do gas contra as paredes do recipiente. Cando aumenta o número de choques a presión tamén aumenta.

Volume

O volume é o espazo que ocupa un sistema. No caso dos gases, ocupan todo o espazo do recipiente no que se atopan.

Temperatura

A temperatura, segundo a teoría cinética, é unha medida da enerxía cinética media das partículas que constitúen un sistema. 

As escalas de temperatura máis empregadas son a Celsius e a Kelvin ou escala absoluta de temperatura. A equivalencia entre elas está dada pola expresión:

\[T(K)=T(ºC)+273\]

Termometer Celsius-Kelvin. Clker. Pixabay. CC0 1.0

Mol

O mol é a unidade definida polo S.I. como a cantidade de substancia que contén tantas unidades elementais (átomos, moléculas, ións, etc..) como átomos hai en 12 g de Carbono 12. O valor aceptado é 6,022·1023 o cal se coñece como número de Avogadro (NA).

No video podes atopar a explicación desta unidade.

Amigos de la Química. ¿Que es un MOL? En YouTube. Licencia estándar de YouTube.