Saltar navegación

Actividade 10

Canto helio enche o globo?

A cantidade de helio que enche o globo que impulsa as cápsulas MarumaSat varía segundo a configuración do voo.

Os factores que inflúen neste caso son o tamaño do globo e a altura que queremos acadar.

No caso da MarumaSat-III empregamos un globo de 1200 g (diámetro desinflado 1,27 m) e establecemos que a altura máxima fosen 33.300 m polo que debemos introducir no globo 3,4 m3 de gas. Esta cantidade sería menor para acadar unha maior altura (ou se o globo é máis pequeno) e maior se a altura fixada fose máis baixa (ou o globo é máis grande).

Configuración do voo: MarumaSat III. NOSA. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Enchendo o globo: MarumaSat III. NOSA. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

Como inflúe a presión sobre o helio que enche o globo?

As condicións as que está sometido o globo cambian substancialmente na troposfera e na estratosfera. Os nosos datos indican que o día do lanzamento a presión no punto de lanzamento era igual a  980 mmHg e a 33.223m, cando o globo estourou, a radiosonda mediu 8 mmHg.

Se supoñemos que a temperatura permanece constante e consideramos só o efecto da variación da presión atmosférica desde o punto de lanzamento ata o punto máis alto do voo, o volume do gas que enche o globo a medida que diminúe a presión.

Habilitar JavaScript

E a temperatura?

Tamén a temperatura experimenta cambios moi notables na troposfera e na estratosfera. Os datos da radiosonda indican que no punto de lanzamento a temperatura era de 17 ºC, que a 18.300 m se acadou o valor máis baixo (-60,7 ºC) e que cando estoupou o globo aumentara até os -36,4 ºC.

Se supoñemos que a presión permanece constante e consideramos só o efecto da variación de temperatura desde o punto de lanzamento até o punto máis alto do voo, o volume do gas que enche o globo diminúe a medida que a temperatura.

Habilitar JavaScript