Para levar a cabo o proxecto MarumaSat: Cos pés no chan e os ollos nas estrelas de NOSA, Axencia Espacial Escolar Galega son imprescindibles coñecementos propios das materias de ciencias, como Bioloxía e Física e Química.
UD1.- AS CIENCIAS NA MARUMASAT
Obxectivos
O traballo nestas materias permítenos:
1) Identificar as características máis importantes das capas da atmosfera que atravesan as sondas MarumaSat durante o seu voo. 2) Xustificar o comportamento do globo que impulsa as sondas MarumaSat en relación coas variables das que depende o estado dun gas. 3) Calcular a cantidade de helio que debe encher o globo para que acade a altura prefixada nos obxectivos de cada misión. |
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0