Saltar navegación

A ATMOSFERA (Bioloxía 1º ESO)

Un dos obxectivos que persegue o lanzamento das sondas MarumaSat é que coñezas mellor a atmosfera ou, polo menos, as súas capas máis baixas. Para isto, realízanse experimentos que permiten comprobar o que contan os libros e tamén outras cousas que se che ocorran.

Aprende

A atmosfera é a capa gasosa que envolve á Terra. A mestura de gases que a forman denomínase aire.

Formouse hai 4500 millóns de anos, ao tempo que o planeta iba arrefriando.

Ao principio era rica en dióxido de carbono (CO2), nitróxeno (N2), vapor de auga e outros gases. Máis tarde apareceu o osíxeno (O2), producido polos organismos fotosintéticos que xurdiron na Terra, e grazas ao seu aumento formouse a capa de ozono.

A atmosfera permanece na Terra grazas á gravidade, cumpre diversas funcións imprescindibles para a vida no planeta e se non fose por ela, esta non sería posible tal e como a coñecemos.

Outros planetas tamén posúen atmosfera, pero son moi diferentes a nosa. A de Marte, por exemplo, está composta en máis dun 90% por CO2 e apenas ten un 0,13% de O2, moi diferente ao aire que nós respiramos.

Pxhere. CC0 1.0