Saltar navegación

AEROSTÁTICA (Física e Química 4º ESO)

Como controlamos á altura a que chega a MarumaSat? Cal é a forza que empuxa ao globo? Canto helio debemos introducir no globo para que ascenda? A aerostática, a través do principio de Arquímedes, dá resposta a estas cuestións.

Aerostática

A aerostática é unha rama da física que estuda o equilibrio dos gases que non están en movemento e dos sólidos sumerxidos neles, entendendo o aire como un fluído. Un globo aerostático é unha aeronave non propulsada que se serve do principio dos fluídos de Arquímedes para voar.

Accede ao seguinte enlace para visualizar os cálculos que implica a aplicación do principio de Arquímedes.

Enchendo o globo (MarumaSat III). NOSA. Commons Wikimedia. CC BY-SA-NC 4.0