Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Clases de Xadrez

A ANPA do IES MIRAFLORES está a organizar unha actividade de xadrez.

Para incribirse podédesvos apuntar a traves do seguinte enlace: Clase de xadrez

 

Noraboa ao alumnado de Métodos Estatísticos e Numéricos

Entre o alumnado de Métodos Estatísticos e Numéricos de 2º de bacharelato, un grupo, coa profesora María José Bargados á fronte, participou no XIII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO).

O seu traballo titulado "Rompendo o cristal da Xeración Z" foi o gañador da competición a nivel autonómico que se celebrou na Facultade de Matemáticas da USC o pasado venres 9 de xuño.

Con esto acadan o paso á final nacional que se celebrará en Zaragoza os días 27, 28 e 29 de xuño.

Seguro que o seu traballo será aclamado como se merecen.

Actividades de dinamización lingüística

No seguinte enlace pódese acceder ás crónicas de todas as actividades organizadas polo equipo de Dinamización da lingua galega

ACTIVIDADES DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Latexos Morados

O alumnado de 3º ESO quixo contribuir a darlle visibilidade ao Día da muller co deseño deste cartel que titularon "Latexos Morados" porque segundo expresaron:

"Todos os corazóns teñen que estar concienciados e entender que é o feminismo e o que significa. As bolboretas representan unha “metamorfose” sobre as ideas que hai na sociedade, é dicir, nalgún momento da nosa vida deberiamos reflexionar sobre a sociedade na que vivimos e o mundo que queremos e loitar por iso xuntas e xuntos; por un mundo cheo de corazóns con latexos morados".


Autoría: Pablo Yebra, Carmen Vales, Ainhoa Mañana, Raquel De Santiago, Ana Dos Santos, Iria Souto, Mariana Caracas e Sara Fernández.

Podcast Tanxugueiras

No seguinte enlace pódese acceder ao podcast feito por un grupo de alumnas de 4ºESO sobre o grupo Tanxugueiras

TANXUGUEIRAS

BODY BOX

 O alumnado de 2ºESO participou na actividade organizada polo Concello de Oleiros de Body Box. É unha actividade dirixida que combina diferentes movementos procedentes do boxeo e as artes marciais (golpes e patadas) ao ritmo da música. O alumnado gozou e seguiu a clase como moitas ganas. Se queres ver máis imaxes clica aquí        

ACTIVIDADE DE SURF

O alumnado de 4ºESO puido participar na actividade de surf organizada e subvencionada polo Concello de Oleiros. A actividade levouse a cabo na praia de Bastiagueiro, onde puideron gozar dunha experiencia inesquecible e incluso chegar a deslizarse sobre as ondas. Para ver máis imaxes clica aquí

                                 

Talentos inclusivos

Ao longo de este curso 2020-21 un grupo de alumnos do IES Miraflores está aparticipar no proxecto Jóvenes Tech-In 'Talentos inclusivos', promovendo solucións tecnolóxicas para persoas con parálise cerebral.

Este proxecto lévase a cabo coa colaboración do CITIC e Aspace, entre moitos outros.

Celebramos varias reunións por videoconferencia nas que definimos os retos tecnolóxicos ós que nos enfrentamos e pouco a pouco imos resolvendo.

Durante estas reunións o alumnado toma contacto coas persoas que plantexan os retos e trata de entender mellor as dificultades que sofren, tentando asío atopar solucións o máis axeitadas.

En algunhas ocasións conseguimos mellores resultados que en outras, pero sempre tratamos de aprender e mellorar

 

SUBVENCIÓN NOMINATIVA CONCELLO DE OLEIROS

O Concello de Oleiros, de acordo co disposto no artigo 28.9 das Bases de Execución do Orzamento para 2024, concede a subvención nominativa de 11.020,00€ ao IES Miraflores, a cal será destinada á realización de actividades educativas, culturais e deportivas, eventos e celebracións conmemorativas e á adquisición de material didáctico de carácter funxíbel.

Plan Proxecta: Por 365 días

Actividades realizadas con alumnado de 2º de ESO para contribuir al desarrollo del plan Proxecta "Por 365 días de respeto e igualdade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut