EXAMES DE SETEMBRO DE PENDENTES DE EDUCACIÓN FÍSICA
CURSO 2019-20
Os contidos dos exames de setembro serán os correspondentes ao curso suspenso.
A nota que recibe cada alumna/o é a suma de dúas notas, que se corresponden cos seguintes apartados:
a) Exame teórico: 3 puntos. O incumprimento das normas de realización dun exame suporá obter unha nota de 0 nese exame.
b) Exames prácticos: 7 puntos. O incumprimento das normas de realización dun exame suporá obter unha nota de 0 nese exame.
Para poder aprobar a materia hai que obter unha nota igual ou superior a 5 na cualificación global, calculada segundo as indicacións que figuran máis arriba.
Dependendo da situación sanitaria, os exames poderán ser presencias ou non presenciais.
A) Exames presenciais. Realizarase un exame teórico e varios exames prácticos dos indicados a principio de curso.
B) Exames non presenciais. Os exames realizaranse a través da aula virtual ou a Plataforma webex, manténdose a puntuación de cada apartado.
Exames prácticos
Pendentes 1º ESO
- Probas de condición física: resistencia aerobia, flexibilidade, forza.
- Floorball (condución, golpeos de dereito e de revés).
- Voleibol (pase de dedos, pase de antebrazos, saque de abaixo).
- Fútbol sala (condución, golpeos con interior e co exterior).
- Voltereta adiante e atrás.
Pendentes 3º ESO
- Probas de condición física: resistencia aerobia, flexibilidade, forza.
- Floorball (condución, golpeos de dereito e de revés en situación de xogo).
- Voleibol (pase de dedos, pase de antebrazos e saque de abaixo en situación de xogo).
- Rugby (pases e recepciónsen situación de xogo).