EXAMES DE SETEMBRO DE EDUCACIÓN FÍSICA. CURSO 2019-20
EXAMES DE SETEMBRO DE EDUCACIÓN FÍSICA
CURSO 2019-20
Os contidos dos exames de setembro serán os que se impartiron durante os 2 primeiros trimestres.
A nota que recibe cada alumna/o é a suma de dúas notas, que se corresponden cos seguintes apartados:
a) Exame teórico: 3 puntos. O incumprimento das normas de realización dun exame suporá obter unha nota de 0 nese exame.
b) Exames prácticos: 7 puntos. O incumprimento das normas de realización dun exame suporá obter unha nota de 0 nese exame.
Para poder aprobar a materia hai que obter unha nota igual ou superior a 5 na cualificación global, calculada segundo as indicacións que figuran máis arriba.
Dependendo da situación sanitaria, os exames poderán ser presencias ou non presenciais.
A) Exames presenciais. Realizarase un exame teórico e varios exames prácticos dos realizados durante o curso.
B) Exames non presenciais. Os exames realizaranse a través da aula virtual ou a Plataforma webex, manténdose a puntuación de cada apartado.
Exames prácticos realizados durante o curso:
1º ESO
- Condición física: carreira continua de 15 minutos; Test de Cooper (carreira de 12 minutos); Test
de Wells (flexibilidade con banco); Prancha abdominal sobre antebrazos; Salto a pés xuntos.
- Coreografía: Muñeira.
- Ximnasia Artística: voltereta adiante e voltereta atrás.
3º ESO
- Condición física: carreira continua de 25 minutos; Test de Cooper (carreira de 12 minutos); Test
de Wells (flexibilidade con banco); Prancha abdominal sobre antebrazos; Salto a pés xuntos.
- Coreografía.
- Voleibol: saques; pases de dedos e antebrazos.
1º Bacharelato
- Condición física: Test de Cooper (carreira de 12 minutos); Test de Wells (flexibilidade con
banco); Prancha abdominal sobre antebrazos; Salto a pés xuntos.
- Coreografía.
- Bádminton: saques; partido de dobres.