Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

CONCERTO "DE VACAS"

Hoxe, 23 de febreiro, e grazas á colaboración do Concello de Oleiros, o estudantado de 4º da ESO e 1º de BAC asistiu a un concerto do grupo De Vacas, no Auditorio Municipal Gabriel García Márquez, en Mera. Entre o público tamén estaban os compañeiros dos outros institutos do concello, o IES Neira Vilas e o IES María Casares.

O concerto serviunos para ver con outros ollos os éxitos da música máis comercial. E descubrimos que os idiomas tamén se aprenden na discoteca!

 

II CARRERA DE LA LUZ

A “II Carrera de la Luz IES Miraflores” é unha iniciativa pioneira na que desde o centro escolar organízase unha actividade deportiva, popular e solidaria. Os fondos recadados polas inscricións dos participantes serán doados na súa totalidade á ONG Dididai. Esta organización sen ánimo de lucro traballa en Bal Mandir, o maior orfanato do Nepal, que acolle mozos e mozas con diversidade funcional. Dididai colabora con este centro de Katmandú para que os menores reciban educación e atención especializada, de forma que melloren as condicións de vida deles e das persoas que os atenden. A proba está organizada polo Instituto de Ensino Secundario Miraflores de Oleiros (A Coruña). O percorrido da proba será en circuíto de asfalto, no Polígono industrial de Iñás (Oleiros), pechado ao tráfico e iluminado. Pasará por Rúa Barbanza, Rúa Salnés, Rúa Soneira e Rúa Silvas. A saída e a meta estarán instaladas nas naves do viveiro municipal de empresas. O horario de comezo da proba será as 20.00. A orde de saída das diferentes categorías será o seguinte: 

HORA

SAÍDA

CATEGORÍA

ANO NACIMIENTO

DISTANCIA APROX.

20:00

BIBERÓNS

2015 e post.

100 m.

20:10

PITUFOS

2013 e 2014

200 m.

20:20

 

PREBENXAMÍN

2011 e 2012

600 m.

BENXAMÍN

2009 e 2010

ALEVÍN

2007 e 2008

20:30

INFANTIL

2005 e 2006

1.500 m.

CADETE

2003 e 2004

20:40

XUVENIL

2001 e 2002

3 Km.

XUNIOR

1999 e 2000

21:00

PROMESA

1996, 1997 e 1998

6 Km.

 

SENIOR

1995 a 34 años

VETERANO

35-45 años

SÚPER VETERANO

46 en adiante

 

INSCRICIÓNS.

Ata o xoves 15 de Marzo ás 24:00.

Límite de inscritos: 500 corredores por orde de formalización.

Prezo das inscricións: Menores de 18 anos. Donativo de 4€. A partir de 18 anos (cumpridos o 16/03/2018). Donativo de 6€.

Dorsal Cero: Habilítase unha inscrición opcional denominada “dorsal cero”, para aquelas persoas que queiran colaborar cos proxectos da ONG Dididai. Poderanse realizar inscricións presenciais, o día da carreira, ata as 20:00 da tarde.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN.

A.- Utilizando o formulario desta páxina web no seguinte enlace:

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

B.- Enviando un e mail a carreradelaluzmiraflores@gmail.com antes das 24:00 do 15 de marzo de 2018 coa seguinte información:

Datos persoais: nome e apelidos, data nacemento, Nº DNI.

Resgardo ingreso en conta: IES MIRAFLORES ES08 2080 0064 9230 4001 6160. Concepto: "Inscrición Nome participante"

C.- Presentándose no IES MIRAFLORES (Avda. Miguel Hernández 8-15173 Oleiros - A Coruña 881 880845). Neste caso pódese realizar o pago da inscrición en efectivo.

Pola mañá do 12 ao 15 de marzo de 10:00 a 10:30 e de 12:00 a 12:30. Pola tarde o luns 12 e martes 13 de marzo de 16:00 a 18:00. 

GLADIATURA ROMANA.

O pasado venres 16 de febreiro os alumnos de Latín de 1º de bacharelato tiveron a sorte de asistir a unha charla sobre "Gladiatura romana"  impartida polo profesor de Historia Adrían Rodríguez, presidente da Asociación de Recreadores de Galicia. Desmontounos algúns mitos que sobre os gladiadores hai nos filmes, pero quedounos unha visión moi clara da  realidade dun gladiador. E como bos recreadores que son os que pertencen a esta asociación ensinounos algunhas das armas que usaban e que os alumnos tiveron a oportunidade de probar.

ERASMUS +

O pasado 8 de febreiro catro estudantes de 3º da ESO foron seleccionados para participar no programa Erasmus +. No mes de abril viaxarán a Chipre e traballarán en equipo con alumnado desta illa, así como tamén de Italia, Hungría e Portugal.

O primeiro paso do proceso de selección consistiu no deseño duns logos (poden verse nos aquivos adxuntos) e o segundo foi a realización dunha presentación oral en inglés sobre o concello de Oleiros. Os membros do departamento de Inglés, xunto con Andrés Gabín, do departamento de Matemáticas, exerceron de xurado e puntuaron as distintas presentacións tendo en conta varios criterios: o nivel de lingua, a estrutura, o contido e a creatividade.
O estudantado seleccionado, e por orde de puntuación, foi o seguinte:
Celtia Río Santos (3ºC)
Antía Rodríguez Montenegro (3ºB)
María Gómez Roel (3ºA)
Pedro Vila Cilleros (3ºC)

As alumnas Alejandra Gacho Mediavilla (3ºA) e Ainara López García (3ºC) quedaron de reserva e serán consideradas para a viaxe a Hungría no vindeiro mes de outubro.

Noraboa a todos e todas polo seu traballo e esforzo! 

SAÚDE, TERRA E ESTRATOSFERA!!

CRÓNICA DO II CONGRESO NOSA: A VIAXE DA MARUMASAT II

Por Iria García e Sergio Puertas (Tecnoloxía, 3º ESO C)

O pasado 5 de febreiro, alumnado de Tecnoloxía de 3º, 4º ESO e 2º BAC, de Ciencias Aplicadas de 4º ESO e de Robótica de 1º BAC acudiron a un congreso científico organizado polo IES Marco do Camballón de Vila de Cruces sobre o lanzamento da MarumaSat II á estratosfera. Tamén participou alumnado do IES Maruxa Mallo de Ordes, xa que que os tres institutos formamos a NOSA: Axencia Espacial Escolar Galega.

O alumnado do Miraflores participamos con dúas ponencias:

- Pablo de Tecno de 2º BAC explicou como fabricar e programar un datalogger mediante o Arduíno.

- Martín de Tecno de 4º ESO, fixo unha exposición sobre a temperatura de funcionamento da cámara de video que viaxa nas cápsulas.                     

E tamén Xabier, David, Sergio, César, Conchi e Angel deron a coñecer os obxectivos do lanzamento da MarumaSat III previsto para o mes de maio: instalación de novos sensores para medir radiación UV e do envio de distintos experimentos biolóxicos como unhas fabas para analizar a influencia da radiación UV sobre o seu desenvolvemento ou un ovo de abella raíña, tras o éxito do experimento coa miñoca "Xosé" enviada o ano pasado.

Ademais tivemos a oportunidade de falar con dous participantes do primeiro MarumaSat e con Anxo Pérez, periodista da TVG.

Ao final do congreso estaba planificada unha saída para ver as mámoas de Oirós, pero debido ao mal tempo non puido realizarse, polo que tivemos unha charla sobre o megalitismo no propio auditorio.

Podes visitar o noso album de fotos.

 Imaxe: Faro de Vigo (clic para ver noticia)

VISITA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

 

O pasado xoves, 8 de febrero, o Departamento de Orientación organizou para o alumnado de 2º de Bacharelato unha saída á Universidade de Santiago de Compostela, dentro do Programa A Ponte e no marco do Plan de Orientación Académico-Profesional. A primeira hora da mañán realizamos un percorrido polas facultades que cada alumno estaba interesado en visitar. Con posterioridade, tivemos a oportunidade de xantar nun comedor universitario e de falar con alumnos que están en diferentes modalidades de aloxamento: piso compartido, colexio maior e residencia universitaria. Respecto desta última modalidade visitamos as instalación de Monte da Condesa. O alumnado valorou  positivamente os encontros cos nosos exalumnos pero, en especial, a charla que tivemos no Centro Superior de Hostelería durante a tarde. Da mán de exalumnos e representantes do centro, coñecimos toda a súa oferta educativa e as saídas laborais da mesma. 

IX OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

 

O mércores 7 de febreiro doce alumnos de 1º de bacharelato participaron na fase galega da IX Olimpiada de Xeoloxía na facultade de Bioloxía da USC. As probas de grupo comezaron pola mañá  cunha "xincana xeolóxica" na mesma facultade e tamén  polo Campus Sur . Xa pola tarde tivo lugar a proba individual seguida dunha charla ofrecida polo decano Antonio Segura, orientada ás saídas profesionais do grao de Bioloxía. Posteriormente todos os que o desexaron visitaron os laboratorios de Microbioloxía, Xeoloxía e o animalario da facultade.

Parabéns a todos pola experiencia!

PREMIOS ENQUISA PRESTIGE. BIBLIOTECA MIRAFLORES.

 

O xoves, 1 de febreiro entregáronse os premios do Concurso de Enquisas da Exposición do Prestige. Este concurso estivo organizado pola biblioteca do centro dentro do proxecto “O mar como fondo” que estamos traballando neste curso.

Desde o 13 de novembro, no andar superior tivemos unha exposición que lembra o desastre do Prestige do que se cumpriron 15 anos. Contamos con 14 paneis cedidos polo CEIDA que mostran os aspectos máis relevantes da traxedia do Prestige, as causas, a xestión, as consecuencias.

O alumnado de 1ºESO e 2ºESO estivo contestando unhas enquisas elaboradas para que recadasen a información máis importante dos paneis. Estamos moi satisfeitas xa que a grande maioría as enquisas estaba moi completa. Así foi que se ampliaron os premios: houbo primeiros premios, e numerosos accésits. Parabéns para todos e todas.

ESTADÍAS LINGÜÍSTICAS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria duplica este ano as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado ao convocar un total de 1400. 

Podedes obter información máis completa no blog do Departamento de Orientación.

http://lacoladelperro.blogspot.com.es/2018/02/educacion-duplica-as-prazas-de-estadias.html

VISITA CASA DAS CIENCIAS (A CORUÑA)

 

O día 7 de  febreiro os alumnos de “Cultura científica” de 4º ESO realizaron unha visita á Casa das Ciencias (A Coruña) onde observaron un péndulo de Foucalt e interpretaron o seu funcionamento, visitaron a exposición “Astronomía como cha contan” e participaron nunha sesión no planetario correspondente ao ceo da noite do 7 de febreiro na que aprenderon a identificar constelacións observables con facilidade no ceo do hemisferio norte, estrelas máis visibles a simple vista e como localizar algúns planetas durante as noites de febreiro; e tamén foi proxectado un documental sobre a materia escura na cúpula do planetario.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut