Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

ÉXITO DA "II CARRERA DE LA LUZ"

Eles son só unha pequena representación dos alumnos que participaron dalgunha maneira na II Edición da "Carrera de la Luz". Cada un buscou o seu sitio: algúns correron, outros participaron cun dorsal 0, a outros os vistes no gardarroupa, na gardería, axudando aos pais co chocolate, desenvolvendo o sorteo de premios, entregando dorsais ou no punto de avituallamiento.

Despedimos esta Edición da "Carrera de la Luz" facéndolles unha homenaxe porque os alumnos sempre son e serán os protagonistas de calquera bo proxecto educativo que desenvolva unha escola. Todos os corredores que formalizastes as vosas inscricións, todas as empresas que fixeron achegas, todos os que dalgunha maneira colaborastes, conseguísteis enviar 3.282 euros a Nepal pero, o máis importante, é que colaborastes na trasmisión duns valores aos nosos novos alumnos: a implicación e participación directa en accións solidarias aínda que as cousas non saian tan perfectas como a todos gustaríavos, a importancia de valorar as necesidades dos demais e valorar o que se ten, a importancia de participar sen a presión de ser o gañador. Por un día, imos permitirnos ir en contra das "normas" da sociedade na que vivimos, imos tentar conseguir algo todos xuntos, chegando á meta de primeiros ou de últimos, cada un dunha maneira, sen competencia. Todos temos capacidade para levar "LUZ".

Ata a próxima edición.

SIMULACRO DE EVACUACIÓN.

Onte, xoves 22 de marzo, realizouse un simulacro de evacuación do instituto. Simulouse a existencia dun lume nas cociñas do comedor que deu lugar á evacuación de todos os alumnos do centro de maneira controlada. En pouco máis de 6 minutos as aulas estaban baleiras coas xanelas e portas pechadas e todos os alumnos acompañados polos seus profesores ordenados en filas nas pistas exteriores.

Haberá que continuar practicando o protocolo de evacuación de maneira regular para puír pequenos detalles que poden ser mellorados.

POESÍA E TEATRO DE FEDERICO GARCÍA LORCA.

No marco das actividades de fomento da lectura organizadas pola biblioteca Rialeda, os nosos alumnos/as  de 4º de ESO asistiron á declamación de fragmentos das principais obras  (incluída Seis poemas galegos)  do noso poeta máis universal. 
Levados da man pola arte de Soledad Felloza, poideron así acceder a unha privilexiada toma de contacto  con  este emblemático integrante da xeración do 27, tema que forma parte do currículum de 4º e que estudaremos na seguinte avaliación.
A atención e o comportamento do alumnado foron moi satisfactorios.

Profesoras acompañantes:
Esther Lorenzo e Beatriz Lage.

VISITA INSTALACIONES PULL&BEAR.

O pasado venres 23 de febreiro os/as alumnos/as de 2ºBach de economía foron de visita a unha das empresas do grupo Inditex: Pull and Bear ás súas instalacións de Narón (Ferrol). Alí explicaronlles e puideron ver de primera mano como se desenvolve o proceso loxístico da multinacional. Despois diso foron ás oficinas onde lles explicaron o proceso de diseño e creación das prendas, viron a tenda piloto, as diferentes prendas confeccionadas e por último puideron observar as diferentes seccións (recursos humanos, compras, fotografía...) e a forma de traballo que se leva a cabo na multinacional. Todo isto serviulles para ver na vida real parte dos contidos dados na clase e ver o funcionamiento dunha gran multinacional, o seu proceso de traballo e organización.

VISITA ALUMNOS FRANCESES LYCÉE LE GARROS DE AUCH.

O martes 6 de marzo recibimos a visita dun grupo de alumnos franceses do Lycée Le Garros de Auch. Con este centro levamos xa feitos 4 intercambios nos derradeiros anos e a nosa vocación é a de continuar con este proxecto nos vindeiros cursos, habida conta da enorme riqueza que reporta aos nosos alumnos, non so no eido lingüístico senón tamen no ámbito da experiencia humana.

PROCESO ESCOLARIZACIÓN CURSO 2018/2019

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:  DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2018 AMBOS INCLUIDOS.

 

 

 

DOCUMENTACIÓN: IMPRESO SOLICITUDE + FOTOCOPIA DO DNI OU LIBRO DE FAMILIA + CERTIFICADO DE MATRÍCULA

 

  • OS SOLICITANTES DEBEN SINALAR OS CONCEPTOS DO BAREMO NOS QUE DESEXAN SER PUNTUADOS.

     

    NO CASO DOS CENTROS CON MÁIS DEMANDA QUE OFERTA DE PRAZAS:

  • PRAZO PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS XUNTO CUNHA COPIA DO ANEXO II:  DO 23 DE MARZO AO 6 DE ABRIL DE 2018.

     

    PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS:

  • ANTES DO 25 DE ABRIL (PRAZO DE 5 DÍAS HÁBILES, CONTADOS A PARTIR DO SEGUINTE AO DA SÚA PUBLICA­CIÓN, PARA PRESENTAR RECLAMACIÓN ANTE O CONSELLO ESCOLAR)

     

    LISTAXES DEFINITIVAS:

  • ANTES DO 15 DE MAIO

  • CONTRA A RELACIÓN DEFINITIVA, AS PERSOAS INTERESADAS PO­DERÁN INTERPOÑER RECURSO DE ALZADA ANTE A PERSOA TITULAR DA XEFATURA TERRITORIAL, NO PRAZO DUN MES CONTADO A PARTIR DO DÍA SEGUINTE AO DA SÚA PUBLICACIÓN.

     

    PRAZO ORDINARIO DE MATRÍCULA: DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO

     

    PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA: DO 1 AO 10 DE SETEMBRO

     

 

NORMATIVA REGULADORA

·      Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio (BOE do 4), de Educación (LOE), modificada pola Orde de 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro).

·      Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26), polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na LOE.

·      Orde da Consellería de Cultura, Educación e O. U. do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado no segundo ciclo da educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

·      Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado para o curso académico 2018-19.

 

CHARLA CEIDA 2º ESO

O pasado martes, 20 de febreiro, o alumnado de 2º ESO recibiu na biblioteca a visita de Sergio París. Este técnico do CEIDA veunos dar unha charla sobre os efectos da catástrofe do Prestige e axudounos a profundizar no coñecemento dun suceso tan relevante na nosa historia recente. Coa exposición de Sergio aprendemos datos sobre o labor de recuperación que desenvolveron organismos e voluntarios e, por outra banda, espertamos en nós a conciencia de que cómpre coidar do mar como fonte de vida.

CONCERTO "DE VACAS"

Hoxe, 23 de febreiro, e grazas á colaboración do Concello de Oleiros, o estudantado de 4º da ESO e 1º de BAC asistiu a un concerto do grupo De Vacas, no Auditorio Municipal Gabriel García Márquez, en Mera. Entre o público tamén estaban os compañeiros dos outros institutos do concello, o IES Neira Vilas e o IES María Casares.

O concerto serviunos para ver con outros ollos os éxitos da música máis comercial. E descubrimos que os idiomas tamén se aprenden na discoteca!

 

II CARRERA DE LA LUZ

A “II Carrera de la Luz IES Miraflores” é unha iniciativa pioneira na que desde o centro escolar organízase unha actividade deportiva, popular e solidaria. Os fondos recadados polas inscricións dos participantes serán doados na súa totalidade á ONG Dididai. Esta organización sen ánimo de lucro traballa en Bal Mandir, o maior orfanato do Nepal, que acolle mozos e mozas con diversidade funcional. Dididai colabora con este centro de Katmandú para que os menores reciban educación e atención especializada, de forma que melloren as condicións de vida deles e das persoas que os atenden. A proba está organizada polo Instituto de Ensino Secundario Miraflores de Oleiros (A Coruña). O percorrido da proba será en circuíto de asfalto, no Polígono industrial de Iñás (Oleiros), pechado ao tráfico e iluminado. Pasará por Rúa Barbanza, Rúa Salnés, Rúa Soneira e Rúa Silvas. A saída e a meta estarán instaladas nas naves do viveiro municipal de empresas. O horario de comezo da proba será as 20.00. A orde de saída das diferentes categorías será o seguinte: 

HORA

SAÍDA

CATEGORÍA

ANO NACIMIENTO

DISTANCIA APROX.

20:00

BIBERÓNS

2015 e post.

100 m.

20:10

PITUFOS

2013 e 2014

200 m.

20:20

 

PREBENXAMÍN

2011 e 2012

600 m.

BENXAMÍN

2009 e 2010

ALEVÍN

2007 e 2008

20:30

INFANTIL

2005 e 2006

1.500 m.

CADETE

2003 e 2004

20:40

XUVENIL

2001 e 2002

3 Km.

XUNIOR

1999 e 2000

21:00

PROMESA

1996, 1997 e 1998

6 Km.

 

SENIOR

1995 a 34 años

VETERANO

35-45 años

SÚPER VETERANO

46 en adiante

 

INSCRICIÓNS.

Ata o xoves 15 de Marzo ás 24:00.

Límite de inscritos: 500 corredores por orde de formalización.

Prezo das inscricións: Menores de 18 anos. Donativo de 4€. A partir de 18 anos (cumpridos o 16/03/2018). Donativo de 6€.

Dorsal Cero: Habilítase unha inscrición opcional denominada “dorsal cero”, para aquelas persoas que queiran colaborar cos proxectos da ONG Dididai. Poderanse realizar inscricións presenciais, o día da carreira, ata as 20:00 da tarde.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN.

A.- Utilizando o formulario desta páxina web no seguinte enlace:

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

B.- Enviando un e mail a carreradelaluzmiraflores@gmail.com antes das 24:00 do 15 de marzo de 2018 coa seguinte información:

Datos persoais: nome e apelidos, data nacemento, Nº DNI.

Resgardo ingreso en conta: IES MIRAFLORES ES08 2080 0064 9230 4001 6160. Concepto: "Inscrición Nome participante"

C.- Presentándose no IES MIRAFLORES (Avda. Miguel Hernández 8-15173 Oleiros - A Coruña 881 880845). Neste caso pódese realizar o pago da inscrición en efectivo.

Pola mañá do 12 ao 15 de marzo de 10:00 a 10:30 e de 12:00 a 12:30. Pola tarde o luns 12 e martes 13 de marzo de 16:00 a 18:00. 

GLADIATURA ROMANA.

O pasado venres 16 de febreiro os alumnos de Latín de 1º de bacharelato tiveron a sorte de asistir a unha charla sobre "Gladiatura romana"  impartida polo profesor de Historia Adrían Rodríguez, presidente da Asociación de Recreadores de Galicia. Desmontounos algúns mitos que sobre os gladiadores hai nos filmes, pero quedounos unha visión moi clara da  realidade dun gladiador. E como bos recreadores que son os que pertencen a esta asociación ensinounos algunhas das armas que usaban e que os alumnos tiveron a oportunidade de probar.

Distribuir contido


by Dr. Radut