Skip to Content

Club de lectura

TERTULIA CON PEPE CARBALLUDE 17 de marzo de 2021

    

O 17  de marzo, recibimos no IES Miraflores a visita de Pepe Carballude.

Era unha presenza esperada  porque nela, reflexionariamos e compartiriamos entre todas e con el, a súa traxectoria literaria, á que lle tíñamos dedicado unha parte do club de lecturas para adultos, neste caso para adultas, que estamos levando a cabo na biblioteca do instituto.

A presenza de Pepe, como nós, familiarmente , o tratamos e coñecemos, foi agradable á par que interesante.

Fixemos un percorrido pola súa obra literaria que, á vez, é un percorrido pola súa vida. Vida dedicada ao ensino , á escritura e á incansable defensa da arte galega.

Descubriunos que, é un gran contador de historias , historias que nos foi debullando ao longo de case dúas horas.

 

Pouco a pouco foi falando da orixe de cada unha das súas novelas e tamén dos premiados contos para nenos.

De cada lugar, de cada anécdota, de cada noticia, é quen de ir fiando unha trama. 

Nelas aparecen ante nós a profunda sabedoría popular dos grandes facedores de historias, como os xograres nas prazas ou como os maiores das familias ao carón do lume, nas noites de inverno.

Pasaron ante nós as primeiras obras, escritas para as crianzas, con claras referencias familiares: “Andrea quere ser maior”, “Os enredos de Olalla”, “Mimos e máis mimos”, as obras de temas tradicionais galegos, coa importancia da tradición oral:“ “Os Gazafellos”, “Fraga misteriosa”; a literatura de sátira social “A historia do home can ”, “De como o santo dos croques se fai peregrino”. Mergullounos nos anos da experiencia cultural da 2ª República.

De seguido afondou nos temas de actualidade, de misterio e policíaca: “Investigación 091”, “Paisaxe con fondo gris” e achegounos aos problemas sociais coa novela “Marxinados” .

E, finalmente, tivemos a enorme sorte de ter a primicia da “Pintora Libertaria”, novela que retrata, a través dunha trama ben traída e de plena actualidade, a traxectoria da pintora galega Maruxa Mallo.

En definitiva, foron dúas horas de conversa fluída nas que , Pepe, o gran contador de historias, volveu ser o gran na tertulia literaria do IES Miraflores 

Moitas grazas Pepe

 

Pepe deixounos as seguintes palabras que recollemos a continuación:

O pasado 17 de marzo tiven unha xuntanza no IES Miraflores de Oleiros cun grupo de profesoras, para falar da miña obra. Certamente foi unha reunión entrañable non só por volver ó centro onde impartín clase durante algúns anos, senón tamén por falar dos meus libros con amigos. Dicía García Márquez que el escribía para facer felices os amigos. É certo. Os éxitos, compartidos cos amigos, parece que se agrandan, que tornan familiares. Velaí o importantes que son os amigos. E neste caso fórono. 

Ó longo de máis dunha hora fixemos unha viaxe diacrónica sobre a miña vida e tamén sobre os libros que escribín ó longo de case corenta anos. Vida e Libros. Sempre van xuntos, coma unha parella ben levada. Os libros nacen da vida ou das experiencias que nela se producen. Non creo na fantasía pura, sen base real. Acredito máis na imaxinación que parte de feitos reais. De todo isto tratamos neste encontro de colegas.

Unha presentación, feita pola profesora Concha Castro, serviu de pretexto para meternos no tema literario e na miña vida. Deseguido varias profesoras interviñeron, unhas veces para dicir cal fora o primeiro libro meu que leran, e outras veces para comentar diversos aspectos sobre os temas que estabamos a tratar. Analizamos a temática de case todos os libros, algúns xa descatalogados e outros acabados de saír do prelo, como A pintora libertaria e tamén de novos proxectos e do proceso creativo.

En fin, foi un acto moi bonito, íntimo, agarimoso, que sempre recordarei. Por iso lles estou moi agradecido a este entusiasta grupo de profesoras do IES Miraflores. Un desexo: oxalá a próxima vez tamén veñan profesores, homes. Anímovos. Unha forte aperta.

Pepe Carballude

 

MARXINADOS, O LIBRO MÁIS LIDO.

No club de lectura de adultas fixemos unha enquisa para saber cales eran os libros máis lidos do autor entre as integrantes del. Moitas de nós levamos lendo libros de Pepe Carballude desde hai tempo e comprobamos que coincidimos en varios títulos entre os que destaca Marxinados, libro que está localizado no noso concello. Tamén destacamos que algunhas xa leron o derradeiro libro que acaba de publicar, A pintora libertaria.

 

Que libros levas lidos de Pepe Carballude?

 

 

MOITA LETRA. 2020 -2021

HORARIOS DOS CLUBES DE LECTURA

1ESO, DIANA: ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

3ESO, M CARMO: Lit. xuvenil en portugués. “PONTE NH”

4ESO, SUSANA: MITOLOXÍA

4ESO, ISABEL: “LES TI, LEO EU” Libros preferidos d@s participantes.

4ESO, EMILIO: CLÁSICOS EN FRANCÉS

4ESO, ELENA: MULLERES de CIENCIA

1BAC, NILO: FILOSOFÍA.la sociedad de la transparencia e Flatland

2BAC, NILO: FILOSOFÍA. La sociedad del miedo e Andar, una filosofía

CLUB ADULTAS, CONCHA: NOVELA NEGRA HISTÓRICA

 

      Comezamos co club de lectura do presente curso. Despois da incerteza do comezo de curso, decidimos darlle continuidade a esta actividade tan interesante.

 En 1ESO van ler Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas. Lerán conxuntamente esta obra (uns capítulos todos xuntos e outros, na casa) para, despois, analizaren a historia, falaren de gastronomía e cociña e faceren xogos relacionados co libro. 

En 1ESO, 2ESO e 3ESO: continúan co Proxecto PONTE NH. Lectura libros xuvenís en portugués. 

En 4ESO teñen ofertados varios clubs:

Lecturas Mitolóxicas. Selecta das Metamorfose de OVIDIO. lectura conxunta de episodios que serán ilustrados pola profesora coa escolla de imaxes e vídeos e lectura da fonte directa. Elaboración dun traballo, de libre elección ( cómic, escena teatral, canción…) sobre o mito que prefira a alumna e que posiblemente será colgado no blog da Biblioteca

Les ti, leo eu. Lectura dunha obra da literatura contemporánea, xuvenil ou non, elixida por cada alumno/a participante. Deseño dun marcapáxinas alusivo á obra lida.

Voltando aos clásicos franceses. Trátase de aproveitar as adaptacións de novelas ou teatro dos inesquecibles autores franceses, cuxas obras tiveron un impacto e influencia na literatura universal. Tamén abordarán algún libro salientable dos filósofos e pensadores do “Siècle des Lumières”, que é un tema abordado no primeiro trimestre do presente curso.

Lectura de Mulleres de ciencia. Comentario dos logros de cada científica que aparece no libro, e busca en internet dalgunha cuestión relacionada co seu labor. Tamén visionado de Hipatia

1BAC Lecturas guiadas de filosofía.  Teñen dous grupos, un en español e outro en portugués. La sociedad de la transparencia e, en portugés, O mundo plano

2 BAC Lecturas guiadas de filosofía. Poden elixir entre La sociedad del miedo e Andar, una filosofía. Traballarán disertacións sobre o libro elixido.

Club de lectura de adultas. Novela negra histórica. Lerán Ladrones de tinta, La flecha amarilla, Los planificadores.

 

Ler en portugués por primeira vez

Ler en portugués por primeira vez

Neste curso quixemos centrar a atención na figura de Ricardo Carvalho Calero, autor do Día das Letras Galegas 2020, a través do Proxecto Caminhando com Carvalho)

lecturas en portugués de pouca dificultade en 1ESO e 2 ESO. O alumnado escolleu libros de entre todos os seguintes:

Wonder, O Diário de Um Banana 1: Toque de Queijo, Milagre, Os Hérois Gregos, A Ilha dos Rebeldes, Avozinha Gângster, Agatha Mistery, Livro 11: Caça ao Tesouro, Camerini, V. A Admirável História de Greta Thunberg, Walliams,D., Koiza

Creamos a canle de Youtube Caminhando con Carvalho, cuxa conta xestionarán os tres centros. O alumnado enviará os seus vídeos converténdose en auténticos booktubers ou lendo dunha maneira dramatizada anacos da súa elección

Finalidade da actividade: fomento da lectura en galego e en portugués, aproximación á figura de Ricardo Carvalho Calero e desenvolvemento da competencia lectora en galego ao leren en portugués. 

Recollemos opinións dalgunhas lectoras:

“Eu lin un libro en portugués, o Diário de um banana, que en castelán é o Diario de Greg. Tamén intentei ler Como assaltar um banco, pero non o din lido. Para min é difícil ler en portugués. Ao principio do libro é fácil, porque se non entendo unha palabra, polo contexto sei máis ou menos o seu significado, pero cando a trama da historia vai formándose xa son frases en vez de palabras as que non entendo e cústame moito seguir lendo. O Diário de um banana ten moitas ilustracións e é máis fácil de entender.

A min gustaríame saber falar portugués porque estes últimos veráns fun coa miña familia a Portugal e creo que se lle poño máis interese non sería difícil aprendelo, xa que ten moitas semellanzas co galego e co castelán, pero tamén gústame moito ler e dáme rabia non entender unha historia por non entender o idioma.

Cando estaba lendo o libro, ás veces, intentaba ler en voz alta, pero tamén me resulta complicado xa que a pronunciación non se parece tanto ao galego”. Inés

 

“En relación a lectura en portugués, ao principio pareceume un pouco difícil, non entendía algunhas palabras, pero claro todo é cuestión de práctica”. Alexander

 Esta libro non o hai no Brasil. Como hai pouco tempo que cheguei de Brasil, gustoume moito poder ler en portugués.

Foi a primeira vez que vin este libro, en brasil non o hai. Agora vou ler os outros libros da serie que están en español.

Saga. Simbología poética de una lucha

Saga. Simbología poética de una lucha

 

La autora de la Saga, Sophia de Mello Breyn Andresen, conoce la biografía, tierras bretonas y obra de Paul Gauguin. Se entusiasma y pone en marcha una narración en cuyo hilo conductor subyace la vida y obra del pintor. 

 

En la novela, el personaje del relato no obedece la orden de su padre de quedarse en tierra. El hijo abandona a su familia y se enrola en un barco para conocer otros horizontes.

 

Este hecho de desobediencia, es tan importante que será toda su vida el pecado a redimir.

 

También Gauguin se embarcó como marino mercante y estuvo en la Armada recorriendo mundo, y su deseo de recorrer otras tierras fue constante.

 

Otra casualidad, es que los dos personajes (el real y el de ficción) van a encontrar un protector legal y llegarán a ser acomodados burgueses. Se casarán y tendrán varios hijos, pero sin perder el sueño de seguir buscando nuevas vivencias ancestrales y otras formas de vida.

 

También en ambos, las ideas profundas del bien y el mal, recibidas en el núcleo familiar hacen mella. "El no obedecer al padre y no poder volver a casa", convierte que todo lo que consigue no sea importante.

 

La autora de la novela, aprovecha la libertad y fuerza del personaje en el recorrido por otros mundos, y nos lleva a mares, puertos, gentes nativas y tierras incomparables en matices y personajes bien delimitados. Su forma de descripción puede ser comparativa al fauvismo utilizado en el cuadro del pintor " Después del sermón", donde nos presenta a unas mujeres bretonas, en un campo rojo, imaginándose el tema bíblico que acaban de escuchar al cura: la lucha entre el ángel y Jacob, donde Dios le dice a Jacob " vuelve a la tierra de tu padre", que es la obsesión del protagonista.

 

Jacob lucha toda la noche para conseguir el perdón divino por los errores pasados. De la misma manera el pintor del color amarillo (utilizado en su Cristo) lucha por volver a la Fe. Y nuestro protagonista por el perdón de su padre y la vuelta a casa.

 

Más coincidencias, el ángel va vestido de "azul ultramar" con distintos grados de luminosidad como los "adjetivos" utilizados por la novelista en el mar y la noche.

 

Otro símbolo es el árbol caído en diagonal, es un manzano; en la Biblia el árbol de Adán y Eva con el fruto del bien y el mal. 

 

La narración igual que la pintura de Gauguin, radica en la descripción de zonas amplias con colores puros encerrados como vidrieras y donde los personajes son figuras rústicas muy nítidas.

 

El vocabulario y los recursos literarios, al igual que los colores fauvistas, adquieren gran intensidad poética, tan inherente a la autora, donde la imaginación, la fuerza y la libertad son la esencia de estas obras. 

 

Si en las pinturas tahitianas de los Mares del Sur, Gauguin rinde homenaje a los isleños como seres libres y acogedores, aquí en la Saga, Sophia de Mello rinde homenaje a su pueblo portugués.

 

 

 

Leonor.

 

 

 

Falando do libro: Saga

 

Falando do libro Saga

 

de Sophia de Mello Andresen

Saga foi o primeiro libro elixido no Proxecto PONTE NH, que nos achega á lectura en portugués. Creamos un grupo de whatsapp para solucionar dúbidas e ir comentando durante a lectura.As opinións íannos animando: “É un pracer ler esta xoia e faise rapidamente incluso consultando dúbidas.” “A lectura en portugués foi toda unha experiencia.” “Encantoume. Sorprendeume tamén ver escritas algunhas palabras que coñezo de oílas en Portugal.”

O artigo completo podedes lelo no seguinte enlace: Falando do libro Saga

    

Proxecto Ponte NH

 

Creamos o proxecto PONTE NH para promocionar a lectura no idioma orixinario, facilitando o acceso aos libros en portugués. Por que o chamamos así? Porque unhas pequenas nocións da grafía nos serven de PONTE para entender o  portugués. Decatarse de que sabendo galego, e con poucas indicacións, se é capaz de ler en portugués é un gran descubrimento a nivel lector.  É unha ponte que nos leva á literatura portuguesa.

 

No proxecto PONTE NH participaron os grupos e adultas, de filosofía e de mtoloxía. Os libros seleccionados foron Saga, de Sophia de Mello Andersen; Flatland, o mundo plano, de Edwin A. Abbot e Mitologia. Deuses, heróis e lendas

 

Ademais pensamos que a mellor proposta para homenaxear a Carvalho Calero, o seu proxecto reintegracionista e o seu labor de estandarización era proporcionar lecturas en portugués nos diferentes grupos de lectura que hai no Club. Cumprimos así a tese de Carvalho de que “o galego é unha lingua universal”. Ou como dicía Castelao:  “O galego é un idioma extenso e útil, porque con pequenas variantes se fala en diversos lugares de distintos continentes”

 

Club de lectura 1ºESO - Cartas de inverno

 

A primeiros de outubro comezou o Club de lectura de 1 ESO: elixir o libro do trimestre entre varios. O libro seleccionado foi o de Agustín Fernández paz Cartas de inverno. Parece que a proximidade do Samaín os decantou por un libro de misterio do máis alá!

 

A novidade deste club é que unha alumna, e non unha profesora, Mar de 4 ESO, era a mediadora. Lera os tres libros entre os se facía a elección no club de 1 ESO no que participara ela e fora unha das alumnas que participara no X Aniversario dos Clubs de lectura, en Santiago.

 

Recollemos as palabras de Mar:

 

Na miña opinión o Club de lectura ten os seus puntos bos e os seus puntos malos, pero gustaríame centrar sobre todo nas cousas que poden mellorar, para que así o próximo ano lles agrade o máximo posible aos nenos, non tan nenos. Polo que puiden observar o máis importante é captar a atención dos compañeiros e compañeiras na reunión, teñen que ter protagonismo. Este ano os alumnos máis novos non estaban moi inspirados e só asistiron uns poucos, dentro do que cabe seguen sendo pequenos, e por iso creo que sería bo darlles algún tipo de motivación.

 

Sería un gran punto que os propios alumnos e alumnas poidan elixir os libros, ou polo menos o tipo de historia ou xénero, para que así se poidan sentir máis identificados e se divirtan máis.

 

Dentro do propio Club de lectura, poderíanse facer actividades de narración nas que poidan expresarse e dar as súas propias opinións, ou mesmo que poidan facer algo de ilustración semellante aos debuxos que se fixeron anos atrás.

 

Non é o mesmo que o Club o dirixa unha profesora ca unha alumna. Se é unha profesora quen manexa a actividade, non creo que sintan igual de cómodos falando; creo que é mellor que se ocupe algún alumno dun curso un pouco máis avanzado que sexa responsable e lle guste ler, xa que creo que así se sentirían máis identificados e non lles dará tanta vergoña falar e expresarse. O único problema que tería isto sería ver a maneira de conseguir un mínimo de respecto para que teña o control, pero sen chegar á distancia que se ten cun profesor. Por exemplo a min tíñanme un pouco de respecto por ser máis maior que eles, pero resultábame moi incómodo sentarme na mesa do profesor, porque é máis grande e máis cómoda cá deles e iso como que xa me puña nunha posición superior e gustaríame máis poder relacionarme con eles como iguais.

 

Gustaríame moito saber que se vai a facer o ano que vén e encantaríame poder axudar en algo para ver se conseguimos captar a atención de novos lectores.

 

Mar Velazquez

 

Club de lectura en francés

 

Ao abeiro das instrucións do Plan Lector do Departamento de Francés, consideramos as diversas lecturas un complemento inesquecible para a aprendizaxe de calquera lingua, sexa materna ou adquirida. Os nosos alumnos, a partires de 2º da ESO, teñen a obriga de facer dúas lecturas ao longo do curso, unha en Nadal e outra nas vacacións de Semana Santa. Estas lecturas adoitan adaptarse ao nivel da lingua estranxeira de cada curso, indo do nivel A2 ao nivel B2.

 

O club de lectura ten por obxecto potenciar estas lecturas así como, tamén, fomentar nos alumnos o espírito lector, a través do cal van comprobando como esas lecturas contribúen á adquisición de novas competencias lingüísticas pero, tamén, sociais, culturais e humanas.

 

O club de lectura permítenos, tamén, ampliar estas experiencias de lectura no nivel A1, tanto en 1ºESO como en 2º da ESO, aínda que dun xeito máis sinxelo. Trátase, tamén, de crear un hábito de lectura nos alumnos do primeiro ciclo, que lles permita decatarse de que a lectura de libriños de nivel adaptado pode ser unha fonte para adquirir novos coñecementos no eido lingüístico, ao mesmo tempo que pasar un bo momento e incorporar esas lecturas ás actividades cotiás no seu tempo de ocio.

 

Emile López

 

Distribuir contido


by Dr. Radut