Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

Language planning

O luns 17 de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BACH do IES Miraflores asistiron á representación teatral  dos Quinquilláns "Language Planning"  no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Trátase dunha montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de "Made in Galiza" de Sechu Sende. O espectáculo destacou por ser unha montaxe participativa con carácter cómico e retranqueiro, empregando a risa como ferramenta para tratar distintos aspectos a lingua galega e do seu uso cotiá.

     

A actividade estaba organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso instituto e o Concello de Oleiros.

Actividade 'Do fantástico ao neofantástico'

O día 14 de febreiro os alumnos/as  de 2º de BAC A e B asistiron na biblioteca Rialeda ao obradoiro " Do fantástico ao neofantástico",
unha estupenda aproximación á figura e a obra de Julio Cortázar da man da profesora e escritora María Isabel  Andrés Llamero.

Ademáis de aprender as diferencias entre os conceptos do extraño, do marabilloso, do fantástico e do neofantástico no ámbito da literartura, o alumnado tivo ocasión de elaborar breves relatos a partir de modelos de Cortázar  como "Instrucciones para llorar " e "Instrucciones para dar cuerda al reloj".
Este obradoiro, organizado polo Departamento de Lingua castelá e Literatura,  repetirase o día 28 para o alumnado de 2º de BAC A.

Agradecemos a colaboración do  profesorado acompañante e dos que se fixeron cargo das gardas.

IV CARRERA DE LA LUZ 2020

MÁS QUE DEPORTE... SOLIDARIDAD!

 

Con el fin de realizar una actividad para recaudar fondos y fomentar la solidaridad entre las personas y los pueblos, el IES Miraflores ha diseñado un proyecto de carrera popular.

Inculcar valores solidarios y además hacerlo mediante la participación en actividades deportivas saludables enriquece enormemente la educación de nuestros jóvenes.

La “IV Carrera de La Luz IES Miraflores” es una iniciativa pionera en la que desde un centro escolar se organiza una actividad deportiva, popular y solidaria. Los fondos recaudados por las inscripciones de los participantes serán donados en su totalidad a la FUNDACIÓN VICENTE FERRER para el programa Habitat.

FECHA  Y LUGAR DE REALIZACIÓN.

Viernes 6 de Marzo de 2020. 20:00 horas.

Polígono industrial de Iñás (Oleiros). Rúa Barbanza, Rúa Salnés, Rúa Soneira y Rúa Silvas.

HORARIO.

HORA

SALIDA

CATEGORÍA

AÑO NACIMIENTO

DISTANCIA APROX.

20:00

BIBERONES

2017 y post.

100 m.

20:10

PITUFOS

2015 y 2016

200 m.

20:20

 

PREBENJAMÍN

2013 y 2014

600 m.

BENJAMÍN

2011 y 2012

ALEVÍN

2009 y 2010

ENTREGA DE PREMIOS CATEGORÍAS INFERIORES Y SORTEO

20:30

INFANTIL

2007 y 2008

1.500 m.

CADETE

2005 y 2006

20:40

JUVENIL

2003 y 2004

3 Km.

JUNIOR

2001 y 2002

21:00

PROMESA

1998, 1999 y 2000

6 Km.

 

SENIOR

1997 a 34 años

VETERANO

35-45 años

SÚPER VETERANO

46 en adelante

ENTREGA DE PREMIOS CATEGORÍAS MAYORES Y SORTEO

INSCRIPCIONES.

Hasta el miércoles 4 de Marzo de 2020 a las 24:00.

Límite de inscritos: 600 corredores por orden de formalización.

Procedimiento:

ON LINE. A través de formulario de la página web del centro siguiendo las indicaciones y enviando resguardo de ingreso/transferencia.

Formulario de inscripción

Incidencias de inscripción: carreradelaluz@iesmiraflores.gal

PRESENCIAL. En el IES Miraflores. 2, 3 y 4 de  marzo de 10:00 a 12:30 y de 15:00 a 18:00. Entregando  importe en efectivo o resguardo de ingreso/transferencia. Avda. Miguel Hernández 8 -15173 Oleiros - A Coruña 881 880845. En las entidades colaboradoras en fechas y horarios allí previstos.

Inscripción de asociaciones y clubs. Podrán tramitarse conjuntamente enviando un listado y justificante de pago a: carreradelaluz@iesmiraflores.gal

Donativo.

Nº de cuenta. IES MIRAFLORES. ABANCA. ES08 2080 0064 9230 4001 6160

Importe de las inscripciones:

Menores de 18 años. Donativo de 5€.

A partir de 18 años (cumplidos el 6/03/2020). Donativo de 10€.

Dorsal Cero: Se habilita una inscripción opcional denominada “dorsal cero”, para aquellas personas que quieran colaborar con los proyectos de la FUNDACIÓN VICENTE FERRER. El importe de la inscripción es libre. Se podrán realizar inscripciones presenciales de dorsal cero hasta el día de la carrera a las 20:00. La inscripción “Dorsal Cero” no reporta los derechos de corredor: No permite participar en la prueba deportiva, no se dispone de cobertura de accidentes, no se entrega camiseta, no se entrega bolsa de corredor ni avituallamiento.

Obradoiro de Portugués

O venres 7 de febrero ás 13h, o alumnado de 1º BACH asistíu a un curso acelerado de portugués, impartido por Iria Taibo.

Os rapaces e rapazas aprenderon aspectos básicos da lingua portuguesa e da brasileira a través de vídeos, anécdotas persoais, xogos e outras actividades…

Mais, sen dúbida, o importnate foi que tomaron consciencia das vantaxes que os galegos e galegas temos á hora de falar a lingua coa que tanto temos compartido ao longo da nosa historia.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-2021

Todas aquelas persoas que queiran cambiarse de centro ou ben queiran un centro diferente ao centro adscrito que lle correpondería, deberá presentar a solicitude (ED550B) na sede electrónica ou ben descargala (aquí) e presentala presencialmente do 1 – 20 de marzo no centro que desexe como primeira opción. Como o día 20 de marzo é non lectivo no centro, o último día de prazo será o luns 23 de marzo.

 

Reserva de praza no centro de adscrición

1 ao 17 de febreiro

Data do sorteo público a efectos de desempate

26 febreiro

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

Presentación da solicitude de admisión (cambio de centro) Anexo II (modelo ED550B)

1 ao 20 marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 

Antes do 25 de abril

Plazo de reclamacións

nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos

 

Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula ESO e BACHARELATO

25 de xuño – 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e BACHARELATO

1 – 10 setembro

 

NORMATIVA

- Orde do 25 de xaneiro de 2017

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro

- Orde do 12 de marzo de 2013

- Zona de influencia

- Criterio complementario de centro

- Anuncio do sorteo anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado co curso 2020/2021

- Instruccións da Dirección Xeral de Centros sobre o proceso de admisión do curso 2020/2021

- Mapa escolar

 

CHARLA DUN MEMBRO DO EQUIPO DE SALVAMENTO MARÍTIMO DO HELIMER GALICIA CO ALUMNADO DE VALORES ÉTICOS.

O martes, día 5 de febreiro, contamos coa visita de José Manuel Peláez, rescatador do equipo do helicóptero Helimer Galicia, dedicado ao  salvamento marítimo. Explicou aos alumnos de Valores Éticos de 2ºC como desenvolven o eu labor e respondeu ás preguntas elaboradas previamente polos rapaces.

Os alumnos estiveron atentos ás explicacións do rescatador e se concienciaron do valor que teñen estes profesionais que teñen por misión salvar vidas alleas, mesmo poñendo en risco a súa propia vida.

ROTEIRO XEOLÓXICO DE BACHARELATO POR CABO ORTEGAL

O venres 31 de xaneiro, un grupo de 34 alumnos de Bacharelato (7 deles pertencentes ao STEMbach) recibiron a súa clase máis especial de Xeoloxía no Complexo de Cabo Ortegal da man do divulgador e doutor en Xeoloxía  Francisco Canosa.

A nosa primeira parada foi no alto de San Andrés de Teixido onde nos explicaron a importancia da influencia glaciar sobre a formación do relevo da zona. Fixemos varias paradas localizando enclaves de rochas singulares como as granulitas e as peridotitas. Sabedes que estivemos en contacto con rochas que marcan a descontinuidade de Mohorovicic entre a codia e o manto terrestre? Sen dúbida fomos uns privilexiados por ser quen de contemplar esta singularidade xeolóxica, xa que hai moi poucos lugares no mundo onde se observe este espectáculo!

As sorpresas continuaron ao longo de toda a xornada, cos marabillosos “layerings magmáticos” de olivino-piroxeno, así como co proceso de serpentinización da peridotita. A mañá rematou no alto de Garita da Herbeira, no cantil máis alto de toda a Europa continental. A ausencia de néboas, regalounos unha  panorámica insólita divisando, ao noroeste, as Illas Sisargas e noutra dirección o límite con  Asturias. A nosa, sen dúbida, foi unha saída de altura...

Xa pola tarde, Fran tiña reservada unha sorpresa para nós na localidade de Cariño, tratábase dun fermoso “antiforme” formado polo pregamento de materiais sedimentarios procedentes dun océano existente entre Laurusia e Gondwana (precursores de Panxea). Este descubrimento fixo as delicias de todos, e non puidemos resistirmos a unha foto de grupo coa que inmortalizar aquel momento.

O culme da nosa viaxe aconteceu cando chegamos a Cabo Ortegal e obervamos o afloramento máis grande do mundo dunhas rochas metamórficas moi especiais chamadas ecloxitas, formadas durante a Oroxenia Varisca en condicións de moi alta presión e temperatura a máis de 70 km de profundidade.

Esta saída permitiunos  coñecer de primeira man unha parte da nosa riqueza natural, un dos Lugares de Intese Xeolóxico (LIG) da nosa contorna que debemos potenciar e protexer. Parabéns a todos pola vosa participación!

Semana Blanca 2020

Un importante número de alumnos do noso IES participou na Semana Blanca 2020, que celebramos en Andorra entre os días 11 e 18 de xaneiro de 2020.

Igual que en anteriores ocasións todos os interesados poideron seguir esta actividade a través de Instagram #Oleiroensesnaneve.

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS

Segundo o Decreto da Alcaldía número 2019005537, ditado en data de 19 de decembro de 2019, a subvención do Concello para a viaxe fin de etapa 4º ESO (Xuño de 2019) e outras actividades culturais do centro ascende a 9.898€.

Distribuir contido


by Dr. Radut