231 alumnos e alumnas do IES Miraflores de entre 1º da ESO e 1º de bacharelato puideron gozar da neve na actividade “Semana Branca” que se levou a cabo entre o 6 e o 13 de xaneiro na estación de Grand Valira (Andorra).
O centro desprazou ao alumnado en 5 autobuses acompañado por 12 profesores/as.
O seu comportamento foi extraordinario, aproveitando as clases de esquí/snow board e o tempo libre, tanto de práctica como de lecer.
Dende o IES Miraflores entendemos que a educación é moito máis que unha mera transmisión de coñecementos de aí o esforzo que se fai dende o centro para levar a cabo este tipo de actividades extraescolares que contribúen enormemente tanto ao enriquecemento persoal como á mellora da convivencia entre o alumnado.