Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

FONDOLIBROS 2022/23 ALUMNADO ESO

 

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

RENDA  IGUAL OU INFERIOR A 6.000 €

  •        6 LIBROS
  •         AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 50 €

RENDA SUPERIOR A 6.000 € E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 €

  •         4 LIBROS

 

ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

  •         RENDA  IGUAL OU INFERIOR A 6.000 €240 €
  •         RENDA SUPERIOR A 6.000 € E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 € 160 €

ALUMNADO CON GARDA OU TUTELA DA XUNTA OU CON DISCAPACIDADE MAIOR OU IGUAL AO 65%

 

  •         6 LIBROS E AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL CON INDEPENDENCIA DO NIVEL DE RENDA

 

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR (ANO 2020)

  •         Cando houber declaración IRPF 2020: (RECADRO 435 + RECADRO 460)/ Nº MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR
  •         Certificado de imputación de rendas se non houber declaración.

PRAZO PRESENTACIÓN

  •         DO 19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) de 2022

 

 

 

 

 

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  •         Anexo I (SOLICITUDE)
  •         Anexo II (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR)
  •        Copia do Libro de familia. Se houber separación ou divorcio sentencia xudicial e/ou convenio regulador. Excepcionalmente volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente no concello onde resida a familia.
  •        Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.
  •         Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  •         Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  •         Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  •         Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

 

 

PRESENTACIÓN

  •         OPCIONALMENTE nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

 

 

 

IMPORTANTE

  •         Antes de cubrir o Anexo I, débese consultar a artigo 4 da orde da convocatoria que aclara cales son os membros da unidade familiar.
  •        A solicitude será ÚNICA para todos os/as fillos/as (ou, de ser o caso, tutelados) matriculados no mesmo centro. Mais se a solicitude se tramita por vía electrónica empregando a aplicación “fondolibros”, será necesaria  a presentación dunha solicitude por cada alumno/a, aínda que estean no mesmo centro.
  •         A solicitude deberá estar ASINADA polo pai, nai titor/a ou representante legal do alumnado.
  •         O alumnado que repita 4º ESO no curso 2022/2023 ou que non obteña praza en FP básica e que non tivese presentada solicitude no prazo indicado, poderá facelo no prazo dun mes desde a formalización da matrícula. O mesmo dereito terá o alumnado que se incorpore procedente dun centro de fóra de Galicia ou que pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS

  •         11 DE XULLO DE 2022

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

  •         22 DE XULLO DE 2022

 

 

 

CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU 2022

Lugar de realización para o alumnado do IES Miraflores: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus de Elviña. A Coruña.

MATRÍCULA ORDINARIA ABAU 2022

O alumnado debe realizar a pre-matrícula no centro do 19 ao 23 de maio 

Tedes toda a información relacionada cas probas ABAU na páxina da CIUG

Acceso á aplicación Nerta, para realizar os trámites relacionados coa proba ABAU

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA ABAU

Hai que facelo en dous pasos:

1 - Solicitar o título de Bacharelato

2 - Matricularse na ABAU

 

PASO 1: TÍTULO DE BACHARELATO

Impreso da solicitude do título de Bacharelato. AQUÍ

Fotocopia DNI

Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso)

Impreso de pago de taxas. (Para ver os códigos pinche aquí)

Pago online:

http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

 

Premer en Modelo A1: Autoliquidación de taxas

Iniciar taxa

Premer en candado aberto, primeira opción

É posible realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial

Pago presencial

 

PASO 2: MATRÍCULA ABAU

Impreso de matrícula

Fotocopia DNI

Resgardo de ter solicitado o título de Bacharelato (a solicitude de arriba)

Impreso de prematrícula asinado (daráselle no centro no momento da entrega da documentación)

Impreso de pago de taxas (serán de aplicación as exencións establecidas no artigo 12 do Decreto 102/2020, do 9 de xullo, referentes a Familia numerosa (Categoría Xeral e Categoría Especial), persoas con discapacidade (igual ou menor a 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero ou persoal das Universidades do Sistema Universitario Galego.

Pago online

A través da aplicación NERTA (non precisa xustificante).

Pago presencial

A través dunha entidade bancaria co formulario de autoliquidación (tamén xerado en NERTA) entregando o xustificante de pago de pago na secretaría do centro.

 

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS DE MATRICULADOS/AS NA ABAU

O 25 de maio publicarase a listaxe de matriculados/as. O alumnado deberá revisar os seus datos e poderá interpoñer no centro reclamación ata as 14:00 horas dese día se detecta algún erro. A partir do 26 de maio, o alumnado poderá consultar en Nerta a súa matrícula na ABAU.

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA PARA O ALUMNADO APROBADO TRAS A RECLAMACIÓN ANTE XEFATURA TERRITORIAL

O alumnado que aprobe 2º de bacharelato despois da resolución das reclamacións ás cualificacións do Bacharelato pola Comisión de Supervisión da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, poderá matricularse o día 2 de xuño, das 9:00 ás 14:00, exclusivamente a través da aplicación Nerta.

 

ADMISIÓN ALUMNADO: PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

As listaxes definitivas das persoas admitidas e non admitidas poderán consultarse no taboleiro de anuncios interior do Centro ou, de forma non presencial, a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou Certificado Dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

 

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación. En consecuencia, queda prohibido a realización de fotografías e difusión dos listados.

 

Contra esta relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación..

 

POLOS CREATIVOS

O pasado martes 26 de abril o alumnado que participa no proxecto Talentos Inclusivos acudiu ás instalacións do Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, a amosar o seu traballo dentro da presentaión do proxecto "Polos Creativos"

Un gran número de persoas interesáronse polo traballo realizado, como se pode ver na imaxe.

Unha parte importante da comunidade educativa do IES Miraflores puxo de manifesto o seu interese en participar no proxecto de Polos Creativos.

Trataremos de elaborar un proxecto para esta convocatoria, que suporá un maior traballo para o profesorado e alumnado participante, a cambio dunha importante dotación material para o centro.

CAMPAÑA ALIMENTACIÓN SAUDABLE (CONSUMO DE FROITA).

Desde o día de hoxe e todos os mércores ata que acabe o curso, o alumnado do centro terá á súa disposición no segundo recreo, de maneira gratuíta, unha espetada de froita fresca.

Con esta iniciativa retómase un proxecto pre-pandemia para fomentar o hábito saudable do consumo de froitas de tempada.

A falta de tempo e a preguiza para preparala fai que a rapazada substitúa o consumo de froitas por outros alimentos procesados e azucrados (barritas de cereais, chocolatinas, lambetadas...).

A oferta da froita preparada, visualmente apetecible e gratuíta, fai que o alumnado opte por probar e talvez por substituír os alimentos que consome habitualmente por este mais saudable.

Trátase dun primeiro paso que pretende testar a aceptación por parte do alumnado e que, unha vez valorada, prevemos ampliar e darlle continuidade nos próximos cursos.

SAÍDA AO MONTE PINDO

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e Cultura Científica de 1º Bacharelato participou nunha andaina polo Monte Pindo, partindo de Quilmas (33 msnm) ata o cumio de " A Moa" (627 msnm), onde lembraron algo do aprendido sobre a historia xeolóxica de Galicia, comprobaron sobre o terreo as formacións máis relevantes da paisaxe granítica e coñeceron algún dos endemismos de fauna e flora sobre os que desenvolveran un traballo previo.

VISITA DO ALUMNADO DO IES MIRAFLORES Á DOMUS - PCR

Alumnas e alumnos de 4ESO e 1BACH do IES Miraflores foron investigadores forenses por un día.


Utilizando mostras reais e equipamento dun laboratorio de xenética molecular traballaron nos "laboratorios abertos da DOMUS" na investigación da escea dun crime. Empregaron as técnicas da PCR e a electroforese en xel de agarosa para comparar as mostras atopadas na escea do crime co perfil xenético dos sospeitosos.

ADMISIÓN ALUMNADO: PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

As listaxes provisionais das persoas admitidas e non admitidas poderán consultarse no taboleiro de anuncios interior do Centro ou, de forma non presencial, a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou Certificado Dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación. En consecuencia, queda prohibido a realización de fotografías e difusión dos listados.

Poderán formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello escolar no caso de centros públicos, e ante a titularidade no caso de centros privados concertados.

A PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS REALIZARASE ANTES DO 15 DE MAIO.

Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación. Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (21/04/2022)

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de publicar hoxe as Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na comunidade autónoma de Galicia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36790

UN PASIÑO CARA A NORMALIDADE

UTILIZACIÓN DAS MÁSCARAS NO CENTRO ESCOLAR CONFORME Á PUBLICACIÓN DO RD 286/2022

Tras a publicación no día de hoxe do “Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19”, procede que DENDE MAÑÁ, XOVES, 21 DE ABRIL, A UTILIZACIÓN DA MÁSCARA NON SEXA OBRIGATORIA NO CENTRO EDUCATIVO, SI NO TRANSPORTE ESCOLAR (artículo único; apartado 1.c)

A pesar de que dito Real Decreto non fai referencia explícita ao ámbito educativo, si indica que “La reducción de las medidas que se incluye en este real decreto, propuesta para la población general, se debe valorar a nivel individual de acuerdo con la pertenencia a grupos de mayor vulnerabilidad, la vacunación y la actividad y comportamiento social que pueda incrementar los riesgos de transmisión” polo que “se recomienda un uso responsable de la mascarilla en los espacios cerrados de uso público en los que las personas transitan o permanecen un tiempo prolongado”.

En consecuencia, QUEDA A CRITERIO DE CADA FAMILIA, ALUMNO/A A DECISIÓN QUE CONSIDERE MÁIS OPORTUNA CON RESPECTO AO USO PERSOAL DA MÁSCARA NO RECINTO ESCOLAR.

O resto das medidas de autoprotección contempladas no Plan de adaptación do curso 2021/2022 (aforos, entradas e saídas graduadas, ventilación, medidas de hixiene, etc) permanecen vixentes hasta a publicación de novas indicacións ao respecto.

Distribuir contido


by Dr. Radut