Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

REPARTO DE FROITA FRESCA NO INSTITUTO

Desde o día de hoxe, mércores 16 de maio, e un día á semana ata que remate o curso, o alumnado do centro terá á súa disposición no segundo recreo, de maneira gratuíta, un vaso de froita fresca.

Con esta iniciativa, financiada pola ANPA do IES Miraflores e a empresa de servizo de comedor ASUETO, continuase co proxecto para fomentar o hábito saudable do consumo de froitas de tempada.

A falta de tempo e a preguiza para preparala fai que a rapazada substitúa o consumo de froitas por outros alimentos procesados e azucrados (barritas de cereais, chocolate, lambetadas...).

A oferta da froita preparada, visualmente apetecible e gratuíta, fai que o alumnado opte por probar e, tal vez, por substituír os alimentos que consome habitualmente por este máis saudable.

 

RECOLLIDA TÍTULOS DA ESO E BACHARELATO

Xa están a disposición dos interesados e interadas os títulos da ESO pertencentes á promoción do 2019-2022 e os do Bacharelato da promoción 2020-2022.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN ORDINARIA 2024-2025

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO EN 1º E 2º ESO (por ser os postos escolares ofertados inferiores ao número de solicitudes de admisión): 15 DE MAIO DE 2024

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada a ditas listaxes ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa e contra esta cabe interpor recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo.

PARTICIPACIÓN NO XXVIII DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Un grupo de alumnado e profesorado do IES Miraflores participou o pasado sábado, 4 de maio, no vixésimo oitavo Día da Ciencia na Rúa, celebrado no parque de Santa Margarida. Os departamentos de Física e Química e Matemáticas presentaron os seus traballos e o alumnado foi o encargado de explicar aos visitantes en que consistían.

Aqueles e aquelas que visitaron a nosa haima puideron construír dende poliedros a tensegridades, así como montar mosaicos ou comprender como funciona unha porta lóxica. Tamén se fixeron esferificacións e ata un volcán de escuma.

Agradecemos a todo o alumnado que nos acompañou esa mañá e agardamos volver para a próxima edición.

Aprendemos na Natureza (O Courel) - Bioloxía 1º de bacharelato

Os pasados días participamos co alumnado de 1º Bacharelato na actividade “Aprendemos na Natureza”. Visitamos o museo xeolóxico de Quiroga guiados por Moncho, coñecemos as microreservas de orquídeas na compañía de Marcos, camiñamos a Devesa da Rogueira, xunto a Fran, Brais e Jero e desfrutamos da sabrosa cociña de Maribel e Dolores. Durante 3 días convivimos, coñecemos algo da súa flora e fauna así como da historia, cultura e das xentes da Serra do Courel: Parque Natural, XA!

CALENDARIO FIN DE CURSO 2º BACHARELATO – CONVOCATORIA ORDINARIA – MAIO 2024

Segundo a Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa: Será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato para a obtención do título de bacharel”.

O alumnado que non supere algunha materia, logo da avaliación final do período ordinario, coa finalidade de facilitar a súa recuperación, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria entre o 10 e o 12 de xuño (segundo calendario elaborado dende Xefatura de estudos).

Entrega de boletíns da convocatoria ordinaria de 2º de Bacharelato:  O xoves, 16 de maio, ás 08:30 horas, a xefa de estudos fará entrega no Salón de actos dos correspondentes boletíns xunto coa documentación necesaria para que o alumnado que titule poida solicitar o título de bacharel e proceder a formalizar a matrícula na ABAU, se así o desexa.

Referencias legais do procedemento de reclamación das cualificacións e das decisións de promoción e titulación:

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/2024 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

Revisión das cualificacións no centro: Durante o luns 20 e o martes 21 de maio, de 9:00 a 13:30 horas, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas nais, pais ou as persoas titoras legais, de ser menor de idade, poderán solicitar ao profesorado a revisión das diversas probas e as aclaracións que consideren precisas (Anexo 1).

No suposto de que, tras as oportunas revisións e aclaracións, persista o desacordo con algunha cualificación final, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas nais, pais ou as persoas titoras legais, de ser menor de idade, poderán solicitar por escrito no centro (Anexo 2) nese mesmo prazo (luns 20 e martes 21 de maio, de 9:00 a 14:00 horas) a revisión da devandita cualificación por parte do correspondente departamento didáctico. Este emitirá un informe que recollerá, entre outros aspectos, a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final obxecto de revisión. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

Notificación escrita por parte da dirección do centro aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada por parte do departamento: Esta levarase a cabo o mércores, 22 de maio, ás 18:00 horas, na Xefatura de estudos do centro.

Reclamación ante Xefatura Territorial:  No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, o alumnado, de ser maior de idade, ou a súa nai, pai ou as persoas titoras legais, de ser menor de idade, poderán presentar por escrito á dirección do centro durante o xoves, 23 e o venres, 24 de maio, de 9:00 a 14:00, reclamación ante Xefatura Territorial (Anexo 3).

A dirección do centro remitirá o expediente á Xefatura territorial que emitirá resolución motivada e que se comunicará á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada.

Contra a resolución da Xefatura Territorial, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

XOVES, 16 DE MAIO: DÍA NON LECTIVO DE CENTRO

Tal e como se informou o pasado 16 de xaneiro de 2024, á vista da publicación da Instrucción 10/2023, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, na que se establecen os días 20 e 21 de maio para realizar as posibles reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa, lembrámoslle que, en Consello Escolar de centro, aprobouse como día non lectivo o 16 de maio de 2024.

EN CONSECUENCIA, O XOVES 16 DE MAIO DE 2024 SERÁ DÍA NON LECTIVO NO IES MIRAFLORES

BOLSAS MEC

Lémbrase a todas as familias que o vindeiro día 10 de maio ás 15:00 horas remata o prazo de solicitude de bolsas da convocatoria xeral do MEC.

https://sede.educacion.gob.es

PROBAS ABAU 2024

DATAS, HORARIOS E LUGAR DOS EXAMES

Horario

Lugar de realización para o alumnado do IES Miraflores: Facultade de Economía e Empresa. Campus de Elviña (Coruña)

 

MATRÍCULA ORDINARIA ABAU 2024

O alumnado debe realizar a prematrícula no centro o xoves, 16 e o luns, 20 de maio nas quendas establecidas.

Tedes toda a información relacionada cas probas ABAU na páxina da CIUG

Acceso á aplicación Nerta, para realizar os trámites relacionados coa proba ABAU

Instrucións sobre o uso da aplicación

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA ABAU

Hai que facelo en dous pasos:

1 - Solicitar o título de Bacharelato

2 - Matricularse na ABAU

PASO 1: TÍTULO DE BACHARELATO

Impreso de pago de taxas: http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

Ver modelo (Anexo 1)

Premer en Modelo A1: Autoliquidación de taxas

Iniciar taxa

Premer en candado aberto, primeira opción.

É posible realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial.

Impreso da solicitude de expedición do título de Bacharelato (Anexo 2)

Fotocopia DNI

Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso)

PASO 2: MATRÍCULA ABAU

Xustificante de ter solicitada a expedición do título de Bacharelato (paso anterior)

Xustificante de pago de taxas da solicitude do título de Bacharelato (paso anterior)

Fotocopia DNI

Impreso de prematrícula ABAU 

Impreso de pago de taxas ABAU (serán de aplicación as exencións establecidas no artigo 12 do Decreto 98/2023, de 22 de xuño, referentes a Familia numerosa (Categoría Xeral e Categoría Especial), persoas con discapacidade (igual ou superior a 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero e persoas beneficiarias da prestación do ingreso vital mínimo ou persoal das Universidades do Sistema Universitario Galego). Neste caso, precísase que se faga entrega tamén da fotocopia que acredite tales exencións.

Pago online: A través da aplicación NERTA (non precisa xustificante).

Pago presencial: A través dunha entidade bancaria co formulario de autoliquidación (tamén xerado en NERTA) entregando o xustificante de pago na secretaría do centro.

 

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS DE MATRICULADOS/AS NA ABAU

O 23 de maio publicarase a listaxe de matriculados/as. O alumnado deberá revisar os seus datos e poderá interpoñer no centro reclamación ata as 14:00 horas dese día se detecta algún erro. A partir do 26 de maio, o alumnado poderá consultar en Nerta a súa matrícula na ABAU.

 

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA PARA O ALUMNADO APROBADO TRAS A RECLAMACIÓN ANTE XEFATURA TERRITORIAL

Aquel alumnado que obteña resolución favorable da reclamación ás cualificacións de Bacharelato ante a Xefatura Territorial correspondente poderá matricularse, a través da aplicación Nerta, das 9:00 ás 14 horas do día seguinte á comunicación da resolución.      

Concuros de postres franceses 2024

Un ano máis o concurso de postres franceses celebrado o venres 3 de maio foiun éxito rotundo! Parabéns aos grupos participantes e ás vencedoras:

Primeiro premio: Carolina Trincado e Lucía Meiriño de 3ºESO-B co seu Gàteau aux carottes

Segundo premio, compartido ao acadar a mesma puntuación os dous grupos:

Lucía Tojeiro e Silvia MArtínez de 3ºESO-B co seu Blanche Neige

Alba Abuín e Nina Tchofo de 3ºESO-B coa súa Bûche de Noel

Distribuir contido


by Dr. Radut