O TSAAFD VISITA O CENTRO SAIAR
Na mañá do martes 20 de febreiro o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior (TSAAFD) e mailos seus profes Borja, Luis e Conchi, foron de visita a SAIAR, o único centro ocupacional galego que é público, baixo a titularidade da Xunta de Galicia.
Nos obradoiros de carpinteria, cesteria, enmaquetacion, xardineria e xoieria aprendemos a traballar xunto co alumnado do centro . Foi unha mañá verdadeiramente moi enriquecedora tanto polos contidos traballados como polo que aprenderon do alumnado e do profesorado de Saiar de cara ao evento Marzo sen Fronteiras, que se celebrará o 21 de Marzo no que participará o alumnado de SAIAR xunto con outros catro centros.Agradecemos coma sempre a predisposicion da sua directora Pili Montaña que ano a ano nos recibe dun xeito agarimoso.