MARZO SEN FRONTEIRAS 2017: CENTRO BATA
Versión para impresora
(Fai clic na imaxe para ampliala)
O dia 29 de marzo alumnado e profesorado do centro Bata para persoas con transtornos do espectro autista viñeron ao noso centro a realizar unha xornada de inclusión. Nesta derradeira xornada do proxecto MARZO SEN FRONTEIRAS que se veu facendo todos os mércores de marzo no noso instituto o alumnado de 2º do ciclo superior realizou un gran traballo no que respecta á súa formaciòn nos mòdulos correspondentes e tamén no que respecta ao traballo de inclusión.
Este dia foi diferente porque compartiron xogos e actividades cos alumnos de 3ºESO-B .Previamente xa a directora do centro, Yolanda Heras viñera unha semana antes á biblioteca dar unha pequena charla ao noso alumnado na que foi informado do que ían facer, de como tratar a estas alumnas e alumnos, das dificultades... Xa era a segunda vez que esta gran profesional pasaba polo noso centro este ano. Cabe destacar o comportamento excelente desta clase de 3ºESO-B que axudou moitísimo ao alumnado de ciclo a que todo saíra ben.