O 1º CURSO DE CICLO SUPERIOR FAI AQUAPILATES
Versión para impresora
Esta semana o alumnado de primeiro ciclo de TSAAFD realizou un curso de aquapilates impartido por Santi na piscina de Fontecarmoa para o módulo de Individuais. O aquapilates é unha variante do xa coñecido pilates pero realizado na auga indicado para persoas que teñen dificultades para practicar a modalidade convencional. De feito, o aquapilates axuda a mellorar a postura da columna vertebral, reduce a dor e os espasmos musculares e favorece a relaxación.