Traballo de Nadal para 4º ESO A
Debes contestar ás diferentes preguntas do documento adxunto.
Nas preguntas de ecuacións aparece a resposta para que che sirva de referencia.
Como sempre, se tes algunha dúbida, podes poñerte en contacto no correo fmrmayo@gmail.com
Lembra que o primeiro día de clase debes ter o traballo enviado por correo electrónico ou entregalo ese día. Noutro caso debes facer un exame de recuperación do mesmo.
Para descargar o documento, pulsa aquí
O traballo "Salva un Matemático del olvido", poderás entregalo despois das vacacións. Se queres empezar a facelo debes ter en conta o seguinte guión:
- Situar ao matemático ou matemática no seu tempo:
- ¿Onde e cando naceu?
- ¿Que sucedía no Mundo nesa época?
- ¿E en España?
- ¿E en Galicia?
- ¿Cales foron as súas aportacións ás Matemáticas? Tes que procurar explicalas de xeito que calquera poda entender cales foron.
Por agora, están collidos: Euclides e Arquímedes.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
polinomios_ecuacions_Mat_B.pdf | 18.94 KB |