Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

PROGRAMACIÓN LINGUA E LIT. GALEGA 2020

Para ver a programación preme na imaxe

BENVIDA E PARABÉNS

Benvida á páxina do Departamento de Lingua Galega e Literatura. Agardamos que atopedes os materiais axeitados para o voso traballo de aula. Tamén nos gustaría pensar que, camiñando por estes vieiros, mellorásedes a vosa sensibilidade e concienciación coas esencias deste país.

Aínda estamos nos comezos, pero pensamos engadir contidos moi variados, sempre relacionados coa lingua, a literatura e a realidade social, histórica  e cultural de Galicia.

Parabéns pola visita, mais non quededes aí pasmados diante da porta... ¡¡ ENTRADE !!

Ligazóns a sitios web con actividades en liña:

ENCONTRO COA ESCRITORA ARANTZA PORTABALES

Na tarde do martes 8 de xuño, o alumnado de 1º de BACH do noso IES tivo a oportunidade de atoparse coa escritora Arantza Portabales, autora do libro escollido como lectura neste terceiro trimestre na materia de galego: Deixe a súa mensaxe despois do sinal. Na xuntanza, organizada no auditorio de Vilagarcía, Arantza explicoulles o proceso de creación desta obra e respondeu ás preguntas que os rapaces e rapazas lle formularon sobre ela. Ademais, foi tamén un espazo de
reencontro coa súa antiga profe, Pilar. Foi unha xornada ben produtiva!

        

NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía, e xustamente neste ano 2017 conmemorase o 180 aniversario do seu nacemento. Por iso o alumnado de 1ºESO preparou este vídeo e celebrouno ao seu xeito.

NOVAS DO NOSO PROFESOR EMÉRITO RAMÓN BREA

O noso querido profesor de galego Ramón Brea, xa xubilado, non para de bulir. Entre outras cousas, forma parte da asociación cultural Barbantia: 

"Dende hai algún tempo, unha morea de amigos do Barbanza, os máis deles creadores e animadores culturais, viñamos acariñando a idea de crearmos un espazo que nos xunte e que sexa unha especie de lugar común para a cultura. Despois de moitas conversas, decidimos fundar Barbantia, unha asociación cultural que pretende ser un centro de ideas, un proxecto común, aberto, de carácter independente, co único ánimo de lucro da cultura como elemento enriquecedor."

www.barbantia.es

Se queredes saber máis sobre a asociación Barbantia podedes visitar o seu sitio web.

Desde o nacemento da asociación, Barbantia publica cada venres de fin de mes no Xornal La Voz de Galicia un suplemento cultural, A Voz de Barbantia. E aquí tedes a Ramón.

Para ler a reportaxe no xornal podedes premer na imaxe ou aquí.

 

LETRAS GALEGAS 2016: HOMENAXE A MANUEL MARÍA

A víspera do día das Letras Galegas un numeroso grupo formado por alumnado, persoal non docente e persoal docente xuntaron as súas voces para cantar un poema de Manuel María versionado polo mítico grupo galego Fuxan os Ventos. O poema titúlase O Carro. Velaí o resultado:

 

Ademais o alumnado de 1º Bacharelato quixo sumarse a esta homenaxe cunha divertida performance baseada no poema Breve manual para deprender para señorito de Manuel María nunha versión cantada por María Manuela (1978). 

RUTA CASTELAO 2016

O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA ORGANIZA UNHA VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Desde o ano pasado, 2015, celébrase o Día das artes o primeiro de abril. Na primeira conmemoración lembrouse a figura do Mestre Mateo; este ano o artista homenaxeado é A. Daniel Rodríguez Castelao.

A cidade de Pontevedra estivo sempre moi vencellada ao artista. Aquí chegou no 1916 como funcionario do Corpo de Estatística. É por iso que no Museo Provincial se uniron á festa da arte coa exposición 100 anos de Castelao en Pontevedra.

VER GALERÍA DE IMAXES

Nós acudimos co alunado de 1º e 4º ESO convidados polo concello de Vilagarcía de Arousa. Pasamos revista á produción artística de entre 1905 e 1920. A obra máis antiga é unha acuarela que asina co nome de Daniel Rodríguez C.; desde 1908 en todos os seus traballos a única sinatura é simplemente Castelao.

Puidemos ver obras de gran formato (A tentación de Colombina), pequenos debuxos e bosquexos xunto a autoretratos utilizando diversas técnicas, soportes e formatos, dependendo do cometido para o que foran pensados.

ROTEIRO DE ROSALÍA DE CASTRO

O Departamento de Lingua Galega e Literatura levou a cabo unha saída cultural cos estudantes  de 1º Bacharelato o 5 de abril de 2016 baixo o título “Roteiro de Rosalía de Castro”. O principal obxectivo desta actividade era achegar a figura e a obra da nosa grande poeta ao noso alumnado. Ademais esta escritora forma parte da programación neste curso.

 

(VER GALERÍA DE IMAXES)

 Pretendíamos visitar todos aqueles lugares, rúas, institucións que tiveron algo que ver coa súa vida e obra, mais eramos conscientes de que facer todo iso nunha soa xornada non ía ser posible polo que elaboramos un roteiro partindo do noso centro cara a Santiago.

En cada parada recitábase un ou máis poemas. Na lectura dos mesmos participaban todos/as os/as alunos/as. Foron especialmente emotivas ,a visita á Casa da Matanza; a lectura no cemiterio de Adina; a do poema “Campanas de Bastabales”, onde repenicaron as campás en exclusiva par nós; a visita á capela do Hospital Real e a ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres. Por falta de tempo tivemos que deixar atrás algún dos puntos sinalados no roteiro. Ao remate entrgóuselle ao alumnado un cuestionario para comprobar o grao de atención prestada aos comentarios feitos polo profesorado. 

A experiencia, en xeral,  foi positiva, o alumnado respondeu bastante ben ás expectativas que tiñamos . Moitos, a pesar da proximidade dos lugares a visitar, nunca foran á Casa Museo de Rosalía, non sabían onde quedaba Bastavales e tiveron a oportunidade de pasear por rúas de Santiago que non están dentro dos seus itinerarios cando se achegan a esta cidade. 

Departamento de Lingua Galega e Literatura.

CÁNDIDO PAZÓ VISITA O INSTITUTO DE CARRIL

 O actor, autor e narrador oral galego Cándido Pazó veu ao noso entro educativo para facer unha sesión de contacontos dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato. Como podedes apreciar nestas imaxes o público disfrutou moito  da actuación desenvolvida integramente en galego.

            LER A NOVA NA PRENSA

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut