Skip to Content

Formación Profesional

ESTUDAR FORMACIÓN PROFESIONAL

A formación profesional é un conxunto de accións formativas que capacitan para o exercicio dunha profesión, preparan para o acceso ao emprego e facilitan a adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da vida.

A formación profesional actual ofrece unha base sólida xeral e unha especialización acorde co mercado laboral e co coñecemento práctico das novas tecnoloxías. Unha das claves destes estudos é a conexión entre o mundo educativo e o mundo produtivo, aspecto que se trata de garantir combinando a formación no centro educativo coa formación nas empresas.

Así, o alumnado de Formación Profesional realiza actividades formativas nas empresas (formación en centros de traballo, ou FCT), o que lle proporciona o complemento da práctica real á formación recibida. 

A día de hoxe contamos con múltiples niveis de ensinanzas de FP:

  • Grao Básico
  • Grao Medio
  • Grao Superior
  • Cursos de Especialización

Para saber máis sobre a Formación Profesional pincha na imaxe que podes ver a continuación, a cal te levará á paxina web da FP en Galicia.

Nesta web atoparás información detallada sobre elementos como:

No caso de estar bucando unha formación máis práctica que che permita traballar nunha empresa e obter unha retribución ao tempo que estudas, pode que a Formación Profesional Dual sexa  o que precises. Na seguinte imaxe podes acceder á información sobre esta modalidade.

Logo Formación profesional dual

 

 

Co obxectivo de que toda persoa interesada teña oportunidade de cursar o Ciclo de FP que desexe con independencia das súas posibilidades económicas, o Ministerio de Educación pon a disposición Becas para estudar ensinanzas de Educación Secundaria Postobligatoria. Toda a información sobre ditas axudas económicas están dispoñibles no apartado correspondente ao que podedes acceder pinchando na seguinte imaxe.

Convocadas las becas de colaboración del Ministerio de Educación para el  curso 2020/2021 - Instituto Universitario de Urbanística

 

Outro recurso á vosa disposición son os Centros Residenciais Docentes,  lugares que funcionan como residencias para estudantes que cursan FP  procedentes de municipios nos que non se oferta o Ciclo de FP que desexan cursar.

Os centros sitúanse nas cidades da Coruña, Ourense e Vigo. As prazas  son limitadas e  o seu prezo é variable en función do  nivel de renda familiar do usuario, habendo prazas totalmente gratuitas e outras nas que o prezo anual irá dede 635€ ata 2319€ como máximo (no pasado curso).

Entre os requisitos para acceder a unha destas resedencias están:

  • Estar matriculada en estudos postobrigatorios.
  • Que o ciclo formativo non se imparta na localidade de residencia habitual do solicitante nin nun municipio próximo ao que se poida desprazar diariamente con facilidade.
  • Formular a solicitude de praza en tempo e forma. A modo orientativo, no pasado curso o prazo rematou o 1 de agosto.

Para saber máis sobre as condicións de vida nestas Residencias, coñecer as súas, posibilidades, instalacións, normas e actividades podedes consultar a páxina web de cada un deles, as cales vos achego a continuación.

 

                          

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2024

 

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente, queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. 

Distribuir contido


by Dr. Radut