Skip to Content

Bolsas e Axudas ao estudo

Premios Extraordinarios de Bacharelato 2023-2024

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ven de convocar os premios  extraordinarios de Bacharelato para o curso 2023-2024 co obxectivo de recoñecer a excelencia académica do alumnado.

Solicitudes:  do 29 de abril ao 28 de maio mediante a aplicación web "PremiosEdu".

Neste ano outórganse un máximo de 20 premios cunha dotación de 1.000€  para cada un deles. As persoas que obteñan este premio estarán exentas do pagamento da matrícula no primeiro curso de estudos superiores nun cntro público (nunha única ocasión).

Requisitos: ter unha nota media no bacharelato de mínimo 8,75 e superar unha proba

Realización da proba: o día 19 de xuño de 2024. Terá lugar na provincia que o alumno/a cursou bacharelato.

Pinchar aquí para acceder ao resumo

 

AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE 2024

Comunicado Urgente sobre las Becas del Ministerio de Educación – FEDIS

 

 

O Ministerio de Educación ven de convocar as  axudas para alumnado con Necesidade Específica  de Apoio Educativo  de cara ao vindeiro curso 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes vai do 30 de abril  ao 13 de setembro de 2024.

BOLSAS do Ministerio de Educación Curso 2024/2025

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes ven de publicar a convocatoria de becas para o vindeiro curso 2024/2025. Existen axudas económicas tanto para ensinanzas  universitarias como para non universitarias, entre as cales destacan:

O prazo de solicitude vai do 19 de marzo (9:00) ao 10 de maio (15:00) de 2024.

É importante que presentedes a vosa solicitude no prazo indicado, aínda que non teñades claro o que ides estudar, pois de non facelo quedaredes sen posibilidade de obter beca para o  vindeiro curso.

Un resumo da convocatoria, neste enlace, ou no archivo adxunto.

 

A solicitude debe tramitarse mediante  a sede electrónica do ministerio:

 

 

CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos.

A solicitude destas axudas realizarase a través da aplicación axudasle:

 

Toda a información premendo neste enlace.

CONVOCATORIA PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES

Ven de publicarse a convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes de Galicia ( A Coruña, Ourense e Vigo) para o vindeiro curso 2023-2024.  

Prazo para presentar solicitudes:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.

Ligazón á convocatoria na imaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut