Ven de publicarse a convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes de Galicia ( A Coruña, Ourense e Vigo) para o vindeiro curso 2023-2024.
Prazo para presentar solicitudes:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.
As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.
Ligazón á convocatoria na imaxe.
