Skip to Content

Visita Reganosa e Forestal Atlántico

Este mércores 29 de marzo o alumnado do Ciclo Superior de Química Industrial visitou as instalacións de Reganosa en Mugardos, empresa galega dedicada ó transporte e a regasificación do gas natural, tan en auxe nos últimos tempos e máis debido ó conflicto entre Rusia e Ucrania.

Ademais aproveitaron a súa estadía en Mugardos para coñecer Forestal del Atlántico, un complexo industrial con gran diversidade de liñas de produción como pode ser a fabricación de papel ou a xestión de residuos MARPOL de tipo A, B e C.

Visita Tejas Verea S.A.

O alumnado do Ciclo Superior de Química Industrial visitou este mércores a empresa coruñesa Tejas Verea, que conta con máis de 50 anos de experiencia na fabricación de tellas cerámicas, e aposta dende hai tempo pola innovación, a calidade e a sustentabilidade, como por exemplo, o feito de ser o primeiro fabricante español ofrecendo medio século de garantía de exención de defectos para todas as súas tellas cerámicas.

Recopilatorio musical

Dende esta semana e durante un tempo temos a sorte de contar coa achega de Cris Andina, experta en fotografía. Na galería do primeiro andar expón a súa magnífica exposición fotográfica Recopilatorio musical.

Aproveitou a súa presenza para, durante unha charla, facer repaso das mulleres fotógrafas máis recoñecidas do momento e do propio traballo desta afamada profesional.

Reserva, admisión e matrícula curso 2023/24

O alumnado que desexe acceder ás ensinanzas de ESO ou Bacharelato no IES Marqués de Sargadelos e que non teña praza reservada debe presentar solicitude de admisión.

O alumnado xa matriculado no IES Marqués de Sargadelos ten garantida a súa permanencia nel. Polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que implique cambio de centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut