Skip to Content

Ensinanzas Artísticas e Deportivas

Que son?

As ensinanzas Artísticas e Deportivas son ensinanzas de réxime Especial que complementan a oferta educativa de Galicia co obxectivo de promover unha formación específica en ámbitos  concretos como a música, a danza, o deseño ou diversas modalidades deportivas.

Son ensinanzas diferentes ás de Formación Profesional  ou ás Universitarias, polo que a súa organización e as condicións de acceso son tamén peculiares para cada unha delas. Vexamos pois cal é a oferta das diferentes ensinanzas.

 ENSINANZAS DEPORTIVAS

Blog - DEPORTES DE INVIERNO: PREPARACIÓN FÍSICA

As ensinanzas deportivas teñen como obxectivo formar aos futuros profesionais do mundo do deporte, existindo títulos de técnico e técnico superior en múltiples modalidades deportivas (fútbol, fútbol sala, atletismo, balonmán, baloncesto, vela, hípica, deportes de inverno, montaña, salvamento e socorrismo, judo e defensa persoal, mergullo deportivo, piragüismo...). 

Para acceder é preciso ter o título da ESO (técnico medio) ou Bacharelato (técnico superior), así como superar unha proba específica sobre o deporte en cuestión. Para saber máis, pincha nos seguintes enlaces:

OFERTA DE ESTUDOS DEPORTIVOS                            INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO

 

ENSINANZAS DE MÚSICA  

 

   Música - Qué es, concepto, historia, géneros, características

Ensinanzas Profesionais de música.

Impártense en Conservatorios, sendo o máis próximo ao noso centro o de Viveriro. Na web do conservatorio dispoñedes de información sobre as especialidades que oferta e do procedemento para acceder (pinchar na imaxe).

 

Ensinanzas Superiores de música (equivalentes a Grao Universitario).

En Galicia existen as especialidades de Interpretación, Composición, Direción, Pedagoxía, Musicoloxía e Produción e Xestión. Ditas especialidades divídense entre  o Conservatorio Superior de música de Vigo e o da Coruña. Para acceder é necesario estar en posesión do título de bacharelato (ou superar unha proba de coñecementos) e superar unha proba específica da especialidade á que se desexa acceder. Para máis información pinchar nas imaxes que seguen:

 

 

           

   

 

 

ENSINANZAS DE DANZA  

   Danza - Concepto, origen, características, elementos y tipos

Ensinanzas profesionais de Danza.


En Galicia é posible cursar ensinanzas profesionais de Danza Clásica e Danza Contemporánea. É preciso superar unha proba específica para o acceso. Os centros que imparten estas ensinanzas son:

Conservatorio profesional de Danza de Lugo           

       

Conservatorio profesional de Danza da Deputación da Coruña          

 

*En Galicia non se imparten ensinanzas Superiores de Danza.

 

ENSINANZAS  DE ARTE DRAMÁTICA 

La Escuela Superior de Arte Dramático de CyL suma 9 creadores a su Máster  de Pensamiento y Creación Escénica - SoriaNoticias

Ensinanzas Superiores de Arte Dramática.

Estas ensinanzas equivalen a o título de Grado Universitario e impártense na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde se ofertan as especialidades de Dirección Escénica e Dramaturxia, Escenografía e Interpretación. Para acceder é preciso ter o título de Bacharelato (ou facer unha proba de coñecementos) e superar unha proba específica da especialidade. Para máis información pinchar na seguinte imaxe.

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg)

 

 

 

ENSINANZAS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

Artes Plásticas Técnicas - CEV Madrid

Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

  1. Ciclos formativos de Grao Medio
  2. Ciclos formativos de Grao Superior

Para coñecer toda a oferta das ensinanzas profesionais pinchar AQUÍ

 

Ensinanzas Superiores de Artes Plásticas ou de Deseño.

Equivalentes a grao universitario, en Galicia só se ofertan ensinanzas superiores de Deseño nas modalidades de Moda, Produto, Gráfico ou de Interiores. Para saber as escolas nas que se imparten estes graos, podedes seguir o seguinte ENLACE.

Para máis información sobre as ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño, consultar a guía da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia que vos deixo a continuación (facendo click na imaxe). Nela atoparedes información detallada sobre cada tipo de ensinanzas, acceso, posibilidades de futuro...

 

ENSINANZAS DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais

Estes estudos son equivalentes aos de Grao Universitario e impártense na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Durante 2 anos abórdase unha formación básica e nos 2 últimos cursos o alumnado debe seleccionar unha especialidade de entre as seguintes: Arqueoloxía, Escultura ou Pintura. 

Para acceder é necesario ter o título de bacharelato e superar unha proba específica.  Toda a información está dispoñible na web Escola, á que se acceder pinchando na imaxe inferior.

Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut