Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, P.A.S., Historia, Equipo directivo, Horario, Servizos, Xefatura de Estudos, Oferta Educativa, Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Novas de interese, Avaliacións e Exames, Convocatorias, DocumentaciónPrimeros pasos hacia un Plan Educativo Digital de Centro - enero 2021Siempre con la directriz de caminar hacia un modelo de Centro Educativo Digital (recomendaciones el Plan de Acción de Educación Digital), desde el Equipo Directivo y Grupo TIC (Ver Integrantes) formulamos la propuesta de elalorar un Plan Digital Educativo de Centro. Un Plan más ambicioso que el Plan de Integración de las TIC de nuestro centro. Más aún con la situación actual de pandemia, nos hemos dado cuenta del papel fundamental de las Nuevas Tecnologías de la Información y Comunicación, no sólo en los procesos de enseñanza aprendizaje sino también en la organización de nuestro Centro Educativo. Son muchos aspectos necesarios de atención. Relacionamos los siguientes:
Las distintas acciones adoptadas, están estructuradas en distintos niveles de concreción: A nivel Corporativo: los centros educativos de Educación Secundaria, la Consellería de Educación aporta instrucciones y circulares relativas a los aspectos señalados (Ver la Guía para Centros Educativos). Sobre todo en las Políticas y Normativas (Ver Web Consellería). Un Ejemplo la iniciativa de Navega con Rumbo. A nivel de Centro: tenemos tanto el Regulamento de Régimen (NOF), el Plan de Convivencia y el Plan de Comunicación con ciertas intrucciones relativas a los aspectos señalados anteriormente. El aspecto de Acoso Escolar está recogido en el Plan de Convivencia A nivel de Áreas: las materias de TIC (Tecnologías de la Información y Comunicación) e Informática, siempre se atiende un Bloque de contenidos sobre Seguridad en Internet. Especialmente en concepto de netiqueta. Están atendidos por contenidos del propio currículo en todas las áreas. A nivel Interdisciplinar: la Comisión de Coordinación Pedagógica, organiza todos los años talleres formativos hacia nuestro alumnado. De forma específica, en cada actividad escolar, tanto de forma individual como en grupos, se realizan acciones que contribuyen a una concenciación sobre seguridad en Internet y usos reponsables. Se piden autorizaciones a padres, tenemos modelos de autorizaciones por derechos de imagen, de autoría y de licencias. Un ejemplo a seguir es el grupo de Biblioteca y el área de Igualdad de Género que trabajan sobre el CyberBullying y el control en las redes.
Normativa relacionada: REGLAMENTO (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de abril de 2016
» Volta a clases no IES LaxeiroA volta á clases no IES Laxeiro será o luns, 11 de xaneiro, debido a que o venres día 8 é un dos dous días solicitados como festas locais polo centro.
VOLTA Á CLASES O LUNS 11 DE XANEIRO Programación 2020-2021Na ligazón que segue pódese descargar a programación do departamento para o curso académico 2020/21 » Distribución de máscaras a alumnado da ESO do IES LaxeiroSegundo a Orde do 6 de novembro de 2020 e de acordo coas instrucións recibidas desde a Dirección Xeral de Centros da Consellería de EDucación, desde o día 16 ao 27 deste mes de novembro é o prazo para solicitar máscaras para o alumnado que segundo a citada orde teñen dereito. A solicitude será presencial e realizarase cubrindo os Anexos 1 e 2 da citada orde. IMPORTANTE: 1º.- O alumnado destinatario é o da ESO e educación especial do centro 2º.- O alumnado que obtivo axuda de libros ou de material a través do Fondo solidario, non teñen que realizar a solicitude, xa que xa se consideran admitidos. 3º.- O demáis alumnado pode solicitala sempre que a renta per cápita da familia non exceda do umbral de 6000€ 4º.- Terán dereito os matriculados en educación especial ou con discapacidades igual ou superior ao 65% Para máis información consultar os arquivos adxuntos:
- Orde do 06 de novembro de 2020(DOG do 13 de novembro) - Instrucións da Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación Prazo de solicitude: 16 a 27 de novembro Cubrir os Anexos 1 e 2 e entregalos na Secretaría do centro coa documentación que se precisa na ORDE. Os anexos pódense solicitar na Conserxaría do centro ou a través desta páxina Web no seguinte arquivo:
- ANEXOS I e II Solicitude de máscaras
» Plan de continxencia_Covid19_IES Laxeiro actualizado con horarios espello para casos de ensino non presencialEn aplicación da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros coma consecuencia da pandemia COVID19, publícase de novo o Plan de continxencia actualizado nunha nova versión e na que se inclúen os horarios-espello que seguiríanse no caso de peche de grupo ou centro. Nos arquivos adxuntos publícanse tanto o Plan de Continxencia actualizado coma o documento de horarios-espello. » Renovación parcial do Consello Escolar do IES Laxeiro Novembro 2020De acordo coa Resolución do 30 de setembro de 2020, DOG do 8 de outubro, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Educación establécese o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Por este motivo, desde a Dirección do centro comunícase que durante o mes de novembro vai ter lugar o proceso de renovación de membrops do Consello Escoplar do IES Laxeiro. Nesta renovación parcial de 2020 se van elixir: seis postos de profesorado, dos cales dous serán vacantes, un membro do sector Pais/Nais representando a ANPA do centro, dous membros do sector do alumnado e un membro de Administración e Servizos. O día 4 de novembro vai ter lugar a constitución da Xunta Electoral, órgano que regulará todo o proceso de renovación e que estará formada polo Director do centro e catro representantes dos diferentes sectores da Comunidade que serán elixidos por sorteo público o día 26 de outubro no Salon de Actos do IES Laxeiro. Na súa primeira convocatoria aprobará o calendario do proceso e publicará os correspondentes censos dos diferentes sectores que participan no citado proceso de renovación. Os listados do censo estarán expostos no taboleiro do centro. A partires dese día iranse publicando, nesta mesma canle, as diferentes informacións que a Xunta Electoral vaia anunciando. _ Constitución da Xunta Electoral - Calendario de eleccións ao Consello Escolar - Información dos diferentes sectores que participan no proceso - Proclamación de candidaturas - Circulares informativas - Candidatos electos - Constitución do renovado Consello Escolar » Novas de inicio de cursoNormas de hixiene e seguridade en Educación Física ante a COVID19 O Departamento de Educación Física do IES Laxeiro ven de precisar as normas de hixiene, saúde e seguridade que van a terse en conta nas sesións semanais desta área. Consulta o arquivo adxunto.
Plantilla de novos horarios para o curso 2020-2021 no IES Laxeiro Para información de toda a comunidade educativa, pero principalmente, para o alumnado e nais e pais, publícase no arquivo adxunto a tabla de horarios da mañá que rexirá no IES Laxeiro para o vindeiro curso escolar. No referente ás tardes-noite para Ciclos e Adultos non terá cambios, como podedes ver nas plantillas colocadas máis abaixo nesta mesma páxina web.
Listado de grupos e alumnado para o curso 2020-2021 no IES Laxeiro Seguindo as pautas dos protocolos COVID para este curso publicamos no arquivo adxunto o listado de grupos e alumnado do IES Laxeiro para este curso
Plantillas de Horarios: Suprímese a tarde do LUNS para ESO, Bacharelato e FPBásica e esas dúas horas engádense unha ao luns e outra ao mércores. O LUNS NON HAI SERVIZO DE COMEDOR, XA QUE NON HABERÁ CLASE POLA TARDE
» Comezo do CursoCOMEZO DE CURSO Temos a previsión de comezar o día 23, 24 e 25 de setembro cunhas xornadas de adaptación COVID. Serán tres días nos que o alumnado virá unhas horas de forma escalonada por cursos para familiarizalo coas novas medidas da COVID que rexirán todo o curso no noso centro.
Horario das Presentacións:
► O alumnado da ESO terá transporte escolar ás 14.30h para regresar ao seu domicilio.
► As clases para todo o alumnado do centro empezarán o luns 28 de setembro.
» Carta aberta ás familias
Estimadas familias:
Como seguramente xa saben pola prensa, o curso vén de se adiar unha semana. Crerán saber os motivos, pero a realidade é única: o abandono total por parte da Consellería de Educación. O noso sentir agora mesmo é de indignación. Levamos todo o verán traballando para que a volta ás aulas sexa o máis segura posible, pero non somos responsables do desaguisado continuo que as autoridades educativas teñen a ben realizar. Necesitamos profesorado para que as mínimas condicións de distancia se cumpran, e se non se nos concede negámonos a comezar o curso. Basta xa de informacións falsas e cambiantes, basta xa de mentiras. Pedimos honestidade e pedimos solucións. A administración non nos facilita o noso labor e nós debémonos ao noso alumnado. Queremos deixar constancia de que o noso obxectivo é manter a calidade do ensino e a seguridade do alumnado e profesorado, polo que non descartamos tomar decisións máis contundentes como a nosa propia renuncia a seguir sendo comparsas dunha institución que claramente nos despreza. Non aseguramos que día comezará o curso, polo que daremos máis información en canto poidamos a través da páxina web.
O equipo directivo do IES LAXEIRO de LALÍN.
|
Novos números
|