Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Xefatura de Estudos, Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Novas de interese, Avaliacións e ExamesBloGalízate!BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Xa podedes participar no concurso de blog´s, só se precisa empregar o noso galego! Ata pronto e un saúdo, » Calendario de inicio do curso 2011-12Xoves, 15 de setembro:
Venres, 16 de setembro:
Luns, 19 de setembro:
Días 26 e 27 de setembro: festas locais en Lalín. Día 28 de setembro: reanudación das clases. O IES. Laxeiro seleccionado para o "Programa de Inmersión Lingüística outono 2011"O IES.Laxeiro foi un dos doce centros de secundaria de Galicia seleccionado para participar no "Programa de Inmersión Lingüística Outono 2011" organizado pola Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional. Un grupo de 25 alumnos/as de 2º ESO participarán desde o 30 de outubro ata o 5 de novembro nun estadía no centro Anglo Orbe de Mohernando en Guadalajara xunto con outros centros seleccionados de toda a xeografía nacional. Unha gran oportunidade para desenvolver contidos transversais xunto co perfeccionamento da fala en lingua inglesa. No Blog adxunto refréxase o tipo de actividades e o ambiente no que se vai a desenvolver a citada actividade. Relación de Libros de Texto do IES.Laxeiro para o curso 2011-2012Pulícase o listado de Libros de Texto para o curso 2011-2012 no IES.Laxeiro de Lalín. Os listados da ESO coas súas diferentes modalidades de axudas, o listado de Bacharelato coas súas modalidades, listados de Ciclos Formativos Medios e Superiores e tamén da ESA de adultos, están presentes nesta información. A Dirección do IES.Laxeiro non se fai responsable do material non refrexado nestes listados. Novo éxito do IES.Laxeiro no concurso de relato corto da Fundación Coca ColaO IES.Laxeiro volve á súa cita co éxito na creación literaria. Cada ano, como ven sendo costume, o seu alumnado de 2º ESO amosa as súas cualidades de futuros/as escritores/as e colleitan novos éxitos no concurso nacional de relato corto que , como cada ano, e van cincuenta e un,organiza a Fundación Coca Cola. Este ano son duas alumnas de 2º ESO A as que logran acadar un posto na final autonómica que se vai a desenvolver no Teatro Jofre de Ferrol o próximo venres, día 3 de xuño ás sete da tarde. Alba Tomé Seijas e Ana Santorum Martínez son as creadoras destos dous relatos que a través desta páxina queremos amosárvolos. "Entre lienzos y cuadros de Alba y números de magia de Ana" atoparemos arte e creatividade de duas alumnas de 2º ESO que o próximo venres en Ferrol representarán ao IES,Laxeiro ,unha vez máis, no Concurso Nacional de Relato Corto Coca Cola 2011. David Utrera , 2º no concurso "Mellor periodista xuvenil" de La Voz de GaliciaDavid Utrera, de 2º de bacharelato, acadou o 2º premio no VIII Concurso Escolar Mellor periodista Infantil e Xuvenil, convocado, dentro do Programa Prensa-Escola, por La Voz de Galicia, no que participou baixoa supervsión do profesor Manuel Igrexas.
O artigo co que conseguiu o premio leva por título Ergámonos e será publicado na edición de mañá mércores, 25 de maio, de La Voz de Galicia. A entrega do galardón terá lugar o vindeiro 4 de xuño no parque de Acea de Ama en Culleredo (A Coruña) na festa fin de curso da 14ª edición de Voz Natura, curso 2010-2011.
Os nosos parabéns para David.
Convocadas as axudas 2011 para alumnos/as de FCTCon data de 12 de maio ven de publicarse no DOG a Orde do 3 de maio pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo. No ligazón tendes a información correspondente a devandita solicitude. O prazo é de 31 días naturais a partires da súa publicación e a solictude debe realizarse no ANEXO I da presente Orde. Ademáis da solicitude debedes presentar como documentación : Certificado de residencia durante as prácticas e documento de entidad bancaria a voso nome. Podedes acceder ao impreso de solicitude a través da seguinte dirección: www.edu.xunta.es/fp/fct. Cualificacións provisionais das Probas de acceso a Ciclos SuperioresXa están publicadas desde o día 18 as cualificacións provisionais das Probas de acceso 2011 de Ciclos Superiores. Os días hábiles para efectuar reclamacións serán os días 19 , 20 e 25 de abril na secretaría do Instituto onde se fixo a inscripción. Por motivo de reformas eléctricas, no IES.Laxeiro o día hábil será o luns , día 25 de abril. Aberto o prazo para solicitar acreditación de competencias profesionais a través da experiencia laboralA través da Orde do 21 de marzo de 2011(DOG do 25) convócase o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na Comunidade Autónoma de Galicia para determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Para máis información consultar na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion.htm Convocado concurso de méritos para selección e nomeamento de Directores de centros docentes públicosNo DOG do 25 de marzo sae publicada a Orde do 17 de marzo pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección de centros docentes públicos. Entre os centros que aparecen no Anexo 1 como vacantes figura o IES. Laxeiro, polo que se abre o período de presentación de solicitudes, para acceder á Dirección. O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, polo que rematará o 14 de abril.
|
Novos números
|