Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
1º B.A.C.TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019
Para acceder aos documentos debes entrar coa túa conta de @ieslaxeiro.com
O noso Renacuajo fallou! pero non importa, pasámolo ben...O pasado venres 24 de abril, fomos participar ao I Concurso de Robótica a Escola de Enxeñería Industrial en Vigo. Levábamos dous Robots Sigue Líneas que funcionaban moi ben... Decidimos que participara o Renacuajo e debeulle temblar as pernas... na última recta parouse! De todos xeitos íamos ser terceiro ou cuarto, no caso mais favorable... Os rivais foron dignos. Aprendemos que o importante é participar! Pasar, pasámolo ben, outra vez será!
...mirade o vídeo!
...e mirade as fotos!
Ler mais: Faro de Vigo - Noticia
O Laxeiro, subcampión do Parlamento xove 2014O 26 de abril tivo lugar no Parlamento de Galicia a fase final do Parlamento Xove 2014, para a que se clasificaron os dous equipos do IES Laxeiro, ocupando o primeiro e o segundo posto na taboa. Os dous equipos volveron ter unha magnífica actuación. O equipo Laxeiro 2 formado polos alumnos de 1º BAC Uxía Adán, Andrés Machado, Alba Tomé e Laura Machado, coordinados polo profesor Manuel Igrexas proclamouse subcampión nunha final moi axustada. O equipo Laxeiro 1 formado polos alumnos de 2º BAC Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinados polo profesor Xosé Manuel López, caeu pola mínima en cuartos de final. Un novo éxito para engadir ao historial: campións en 2010, subcampións en 2011, campións en 2012 e semifinalistas en 2013. Éxito absoluto do IES Laxeiro na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2014Os dous equipos do IES Laxeiro que participaron na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2014 celebrada o 15 de febreiro na Coruña clasificáronse para a fase final, ocupando o primeiro e o segundo posto na taboa. O equipo Laxeiro 2 formado polos alumnos de 1º BAC: Uxía Adán, Andrés Machado, Alba Tomé e Laura Machado, coordinados polo profesor Manuel Igrexas, clasifícouse en primeiro lugar, cos tres debates gañados e 98,50 puntos. O equipo Laxeiro 1 formado polos alumnos de 2º BAC: Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinados polo profesor Xosé Manuel López, clasifícouse en segundo lugar, cos tres debates gañados e 95,75 puntos. Podedes consultar aquí os resultados. Os dous equipos pasan á fase final que se celebrará no Parlamento de Galicia os días 25 e 26 de abril. Visita a REGANOSAO pasado mércores, día 7de novembro de 2012, alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas de Formación Profesional e o alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de bacharelato, realizaron unha visita didáctica á Central Regasificadora de REGANOSA en Mugardos (FERROL). Ver FOTOS da Visita
» Baloncesto 3x3 nos recreos
REGULAMENTO DE BALONCESTO 3X3 IES Laxeiro
» Liga de fútbol sala nos recreos de IES LaxeiroBASES E NORMAS DO TORNEO
» Xuntanza de alumnado da A21EGO pasado xoves, día 24 de maio de 2012, un grupo de oito alumnos/as de 1º de Bacharelato científico-técnico do IES Laxeiro, estivo presente na Xuntanza de alumando da Axenda 21 Escolar Galega (A21EG) do curso 2011/2012. Esta Xuntanza celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra, e nela o alumnado é o protagonista expoñendo os traballos que realizaron ao longo deste curso dentro da A21EG. O alumnado do IES Laxeiro fixo unha presentación sobre "Os incendios forestais na nosa Terra". Nesta amosáronse os efectos desta lacra que se ceba cada ano cos nosos montes, e a grande pasividade de todo un pobo ante algo moi anormal que xa se ve como normal. Como remate a esta Xuntanza houbo unha feira de troco, onde o alumnado tivo a oportunidade de cambiar obxectos que trouxo da casa por outros de compañeiros dos distintos centros de ensino participantes. Charla de divulgación científica; Xénese: Un mundo en actividadeO martes, día 8 de maio de 2012 o xornalista e divulgador científico Emilio Varela, estivo no IES Laxeiro impartindo unha charla sobre o vulcanismo. A charla titulouse ¡Xénese: Un mundo en actividade!, e nela este divulgador científico de orixe galego pero afincado en Cataluña estívonos falando dos volcáns, esas poderosas forzas da Natureza que tanto nos fascinan e atemorizan ao mesmo tempo. Emilio Varela achegounos a catro grandes áreas dominadas no pasado ou no presente por poderosos volcáns, que deixaron nalgúns casos e están deixando noutros a súa forte pegada. Estas zonas son os campos volcánicos da zona de Olot en Cataluña, a zona do Teide en Tenerife (Illas Canarias), a zona do Vesubio en Italia e a zona volcánica do deserto de Atacama entre Chile e Arxentina. Coas súas explicacións deixoulle ao alumnado de 1º de bacharelato unha grande inquietude por ir ver estas zonas, e saber máis sobre os volcáns e a influencia que sempre tiveron nas poboacións que vivían preto deles. O IES Laxeiro premiado no IV Concurso Galego de RobóticaOs alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º Bacharelato do IES Laxeiro de Lalín acadaron o segundo premio no IV Concurso Galego de Robótica. Celebrando o Ano Galego da Tecnoloxía 2012, o Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". Realizouse durante os días do 16 ao 20 de abril en Lugo. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. |
Novos números
|