Cualificacións provisionais das probas de acceso a Ciclo Superior 2013

Ven de publicarse no portal da xunta www.edu.xunta.es/fp as cualificacións provisionais das probas de acceso á Ciclos Superiores correspondentes a convocatoria do ano 2013. Para os que fixeron a inscrición no IES.Laxeiro poden facelo no seguinte arquivo.

Final de Cifras e Letras 2013

Un ano máis tivo lugar o concurso de CIFRAS E LETRAS organizado polos dous institutos de Lalín, o IES Ramón Mª Aller e o IES.Laxeiro. Nesta edición resultaron gañadores nas súas respectivas categorías, 2º ESO B e 4º ESO A do IES.Laxeiro. Aquí tendes máis información do concurso e a galería de fotos para o recordo.

2º premio no Rallie de Ciencias

Un grupo de 8 alumnos/as de 4º ESO acadaron o 2º premio na Final do Rallie de Ciencias sen Fronterias, celebrada o 10 de Abril en Santiago. Aquí podedes ver algunhas fotos.

Magnífica actuación dos equipos do IES Laxeiro na fase clasificatoria do Parlamento xove 2013

Os dous equipos do IES Laxeiro tiveron unha brillante actuación na fase clasificatoria do concurso de debate Parlamento xove 2013, celebrada o 2 de marzo no Pazo da Deputación da Coruña, e no que participaron 24 equipos de toda Galicia.

O equipo Laxeiro 1 formado por José Manuel Lorenzo, Marta Millares, Paula Castro e Diego Viana e coordinado por Xosé Manuel López clasificouse para a fase final en cuarta posición con todos os debates gañados e 88 puntos. Este equipo acudirá a fase final que se celebrará o 6 de abril no Parlamento de Galicia.

O equipo Laxeiro 2 formado por Laura Torreiro, Iago Pazos, Antía Iglesias e Javier Peña e coordinado por Manuel Igrexas non logrou clasificarse, pero quedou na treceava posición con 1 debate gañado e 84 puntos.

Podedes consultar os resultados.

Festival de entroido

O venres 8 de febreiro a partir das 12:35, festexamos o Entroido no patio do IES Laxeiro cun concurso de disfraces, e coa actuación da charanga " A Chiringota" composta principalmente por alumnado do noso Centro.

A mellor actuación individual foi para David Díaz que interpretou "Dulce locura" de Amaia Montero. Avelino Souto e Olaya Vales xunto con Albert Cuñarro e Isabel Otero interpretaron "As Divas", unha pequena actuación teatral e finalmente o premio á mellor actuación en grupo foi para "Desaucio" composto por alumnado de 2º Bacharelato.

Podemos recordar este evento vendo a galería de imaxes.

Concurso "nove palabras que precisa o galego"

Traballando e aprendendo linguas e os camiños dunhas a outras; coa pretensión de non pretender nada máis que ao pasar o tempo pensar que o perdimos ben perdido para que outr@s nos atopen, ... propoñemos este concurso no que poderás consultar as bases nesta ligazón www.laxastraducidas.blogspot.com

Viaxe a Andorra do alumnado de 2º ESO

Do 20 ao 26 de xaneiro, 10 alumn@s de 2º ESO do IES Laxeiro, xunto a outros 10 alumn@s do IES Ramón María Aller Ulloa, participaron nunha viaxe a Andorra promovida e subvencionada polo Concello de Lalín. Aquí tedes algunhas fotos.

Convocatoria de probas de acceso a ciclos medios e superiores Ano 2013

Convocadas as probas para acceso a ciclos medios e superiores según a resolución publicada no DOGA do 21 de xaneiro de 2013. Dirección,Xefatura de estudios e Orientación informarán ao alumnado interesado nestas probas que terán o seguinte calendario

Para máis información consultade a resolución e nos seguintes arquivos adxuntos podedes formalizar a correspondente solicitude para presentarse ás probas.Lembrade que debedes facelo por duplicado.

- Impreso inscripción proba acceso ciclo medio

- Impreso inscripción proba acceso ciclo superior

Visita a REGANOSA

O pasado mércores, día 7de novembro de 2012,  alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas de Formación Profesional e o alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de bacharelato, realizaron unha visita didáctica á Central Regasificadora de REGANOSA en Mugardos (FERROL).   Ver FOTOS da Visita

Acto contra a violencia de xénero

O 22 de novembro participamos nun acto contra a violencia de xénero no Concello de Lalín. O alumnado de 2º e 4º ESO, coordinados polas profesoras Manuela García e Mar García, elaboraron paneis, pancartas e figuras humanas, dende as asignaturas de E. Plástica e E. para a Cidadanía.

As alumnas e o alumno, Libertad Echevarría, María Jácome, Brais García e Olalla Vales foron os encargados de ler as súas emocionantes cartas.

Distribuir contido