Visita a nosa biblioteca ...

                                                                    ... onde a maxia acontece

 

Parabéns aos gañadores do Concurso "Mestre Laxeiro"

 

No seguinte enlace pódense ver as obras premiadas no X Premio de Pintura escolar "Mestre Laxeiro" organizado polo Museo Municipal "Ramón Mª Aller" durante o mes de maio. Parabéns polo 1º Premio a Iria Varela e polos accesit de Alejandro Zas, Ana García Lois, Antonio Diéguez, Brais Vázquez, Lara Varela, Sandra García e Zaira Míguez.

Relación de Libros de texto para o curso 14-15 no IES.laxeiro

Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 14-15. Calquera dúbida consulten na secretaria do centro. Nesta mesma páxina web poden atopar todo o referente á axuda de libros.

- Relación de libros de texto ESO

- Relación de libros de texto Bacharelato

- Relación de libros de texto Ciclos

- Relación de libros de texto Adultos

Noelia Blanco Pájaro, gañadora do concurso CocaCola de relato curto na súa VI edición.

"Bipolaridade" resultou ser o texto gañador da VI edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto organizado por Coca-Cola en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O acto da entrega de premios tivo lugar o venres na Cidade da Cultura En Santiago de Compostela. Acto no que a alumna de 2º ESO do IES Laxeiro acadou o premio de gañadora absoluta desta edición.

Parabéns a Noelia Blanco Pájaro polo exito acadado, un feito que serve para continuar coa fermosa traxectoria do centro neste concurso.

A noticia tivo repercusión en diferentes xornais coma El Correo Gallego ou Faro de Vigo.

Axudas para a adquisición de libros de texto curso 2014-2015

O DOG do 30 de maio de 2014 ven de publicar a Orde do 28 de maio pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. Presenta dúas novidades importantes con respeto ao ano pasado:

1º.- A finalidade das axudas é exclusivamente  para libros de texto, non para material didáctico nin complementario.

2º.-A obrigatoriedade de conservar en bo estado os libros de texto, para incorporalos, ao remate do curso, a un fondo solidario que se constituirá no centro

Nos seguintes arquivos podedes consultar toda a información relativa a este programa:

 

Intrépidos periodistas

 

A semana do 19 ao 23 de maio os alumnos de 1º ESO A viviron unha curiosa experiencia.

Tres membros do equipo directivo prestáronse moi amablemente  para ser entrevistados polos alumnos do primeiro curso da Eso. Armados os rapaces coas súas mellores armas lingüísticas  e armados os membros do equipo coa súa mellor sonrisa,  viviron  todos uns momentos distintos e  moi agradables. Un xeito diferente de ver o labor que se fai no centro dende a dirección e un modo distinto de aprender a aprender. Grazas a todos pola colaboración.

Curiosea pinchando aquí.

Voltamos coa froita

A voltas coa froita

O vindeiro 19 de maio comezaremos cun novo periodo de reparto de froita durante os recreos.

Aquí podes ver imaxes dalgúns traballos feitos polo alumnado de 1º de ESO para promocionar e reflexionar sobre o consumo saudable.

Aproveita e ponlle cor á túa vida!. Pásate á froita!.

Obradoiro de Caligrafía

O pasado 7 de maio un grupo de alumnado e profesorado participou nun Obradorio de Caligrafía, organizado pola Biblioteca e impartido polo profesor Jesús Mª Juaristi, experto no mundo da Caligrafía e da "Letra sen ansiedade". Traballamos con distintos tipos de materiais, plumas e tintas de distintos grosores e cores e disfrutamos aprendendo máis sobre esta "Arte".

Aquí tedes unha pequena mostra das imaxes do Obradoiro.

Visita aos Xulgados de Lalín

Visita Xulgados 2014

 

 

Os alumnos de Ética e Filosofía do Dereito de 2º BAC asistiron o mércores 30 de abril á celebración de varios xuizos orais no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Lalín para coñecer o funcionamento do procedemento xudicial.

 

 

O Laxeiro, subcampión do Parlamento xove 2014

Subcampiós Parlamento Xove 2014

O 26 de abril tivo lugar no Parlamento de Galicia a fase final do Parlamento Xove 2014, para a que se clasificaron os dous equipos do IES Laxeiro, ocupando o primeiro e o segundo posto na taboa.

Os dous equipos volveron ter unha magnífica actuación. O equipo Laxeiro 2 formado polos alumnos de 1º BAC Uxía Adán, Andrés Machado, Alba Tomé e Laura Machado, coordinados polo profesor Manuel Igrexas proclamouse subcampión nunha final moi axustada.

O equipo Laxeiro 1 formado polos alumnos de 2º BAC Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinados polo profesor Xosé Manuel López, caeu pola mínima en cuartos de final.

Un novo éxito para engadir ao historial: campións en 2010, subcampións en 2011, campións en 2012 e semifinalistas en 2013.

Distribuir contido