Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Calendario de exames de setembro 2019Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2018-2019 no IES Laxeiro
Calendario de exames da ESO e FP Básica
Calendario de exames de Bacharelato e adultos
Caderno do proxecto Tunnel of TimeNo caderno do proxecto podemos ollar o resultado das tarefas realizadas polos estudantes dos catro países socios. A versión impresa do caderno está dispoñible nos centros escolares da comarca, biblioteca así como nas institucións colaboradoras. O filme do proxecto Tunnel of TimeO filme do proxecto Tunnel of Time, epítome do desenvolvemento do mesmo. A vida escolar nos centros participantes no proxecto Tunnel of TimeUn filme que mostra a vida durante o curso nas escolas socias no proxecto Erasmus+ 2017-19 Tunnel of Time. Montando a exposición final do proxecto no centro comercial PontiñasNo remate do noso proxecto Erasmus+ Tunnel of Time montamos unha exposición cos traballos realizados no centro comercial Pontiñas. Moitas grazas pola colaboración! Physics and Chemistry
There are some of our experiments. It was a good year. Thanks to everybody. Charla de difusión da visita ao Jynkänlahden koulu (Kuopio, Finlandia)O alumnado participante na cuarta actividade de ensino, aprendizaxe e formación do proxecto Tunnel of Time difunden a súa experiencia entre as e os compañeiras/os.
Xornada de ráfting no IES LaxeiroNa solleira mañanciña deste venres 31 de maio mozas e mozos de 1º de bacharelato, con algunha intrépida alumna de 4º de ESO, descenderon un tramo do río Ulla a bordo de tres balsas neumáticas, completando unha fantástica experiencia de ráfting. O Ulla, un dos ríos máis longos e caudalosos de Galicia, e grazas ás temperaturas destes días, convidaba a mollarse e así foi, non só polas salpicaduras se non tamén polos chapuzóns (algúns adrede e outros non tanto). O bo facer dos profesionais de Arrepions contribuiu ao éxito desta xornada de ráfting desenvolta na zona de Herbón. Velaquí unhas instantáneas dos mellores momentos. Para ver todas as fotos, clica aquí ou en calquera das dúas fotos anteriores e entra usando a túa conta de correo do IES Laxeiro (@ieslaxeiro.com).
|
Novos números
|