Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Biblioteca

No presente curso, tocoulle ao noso centro organizar o Torneo de Xadrez Intercentros. Recibimos a visita do IES Urbano Lugrís, da Coruña. Con eles asistimos a charla dada por Óscar de Prada, profesor de xadrez máis que coñecido de por nós. Durante este coloquio, Óscar foi retado por internet a xogar unha partida que, en realidade, xogamos entre todos /as os/as asistentes.

A continuación tivo lugar na Biblioteca a final do torneo e as partidas simultáneas, gañadas todas por Óscar. Celebramos o triunfo do Lugrís cunha chocolatada con biscoito.

Cara ás 13:00 despedimos aos xogadores e xogadoras coruñeses, esperando xa o desquite o curso que ven.

 

Ver a galería de fotos

 

A Biblioteca e o departamento de música ofreceron o pasado mércores un concerto de Nadal a cargo do alumnado de música de 4º da ESO e de Bacharelato.

Os nosos artistas foron moi aplaudidos por un público máis que entusiasta, formado polos seus compañeiros da ESO, de Bacharelato, do ciclo formativo e tamén polo profesorado. Grazas a todos!!

Quedamos con moitísimas ganas de repetir a experiencia.

 

Bo Nadal a todos!

Este ano a biblioteca do centro e o departamento de música fixeron un pouco máis aterrador o samaín no noso centro...

 

 

Graciñas a todos os participantes (preme na foto para ver máis):

Samaín

Unha vez máis a nosa biblioteca implícase no FIOT (Festival Internacional Outono Teatro). Nesta ocasión o alumnado de Bacharelato asistiu a un “sketch” protagonizado por Alba Bermúdez (ex-alumna do noso centro) e o actor Tone Martínez, vinculado ao teatro. Esta breve, pero intensa posta en escena, tivo como obxectivo principal a presentación da 27ª edición deste acontecemento tan relevante no acontecer cultural da nosa comarca.

Se queres ter máis información, preme no seguinte ligazón: Biblioteca Rebolo.

 

As compañeiras do departamento de Bioloxía e Xeoloxía quixeron lembrar que hoxe é o Día Mundial do Medio ambiente. A biblioteca colaborou, no desenvolvemento das súas funcións, nesta iniciativa que pretende concienciar sobre esta problemática que está a sufrir o noso planeta. Aínda que estamos a tratar dun tema de constante actualidade parece que nunca estamos a facer o suficiente. E as novas non son nada boas.

O tema deste ano, Sen Contaminación Por Plástico, fai un chamamento á poboación de todo o mundo en favor dun planeta sen contaminación por plásticos. A celebración deste día pretende facernos conscientes de que nós mesmos podemos cambiar hábitos no noso día a día para reducir a pesada carga da contaminación dos plásticos na nosa natureza, na nosa vida silvestre e sobre nosa propia saúde. O fin último é evitar situacións como esta:

Os datos son realmente alarmantes:

- 13 millóns de toneladas de plástico son vertidas, anualmente, aos océanos.

- Utilizamos 5 billóns de bolsas de plástico cada ano.

- Compramos, en todo o mundo, un millón de botellas de plástico cada minuto.

As consecuencias non se fan esperar:

- Máis de 100.000 animais mariños morren ao ano a causa do plástico, que necesita ata un século para degradarse no medio ambiente.

O obxectivo do Día Mundial do Medio Ambiente de 2018 é o de inspirar solucións que leven a un cambio sustentable nas actividades iniciais da cadea de subministración.

Estes alumnos presentan esta exposición fixa no vestíbulo do centro, coa axuda das súas profesoras, para facernos conscientes de que algo temos que facer. Neste caso adiantámonos ás iniciativas que a Unión Europea vai poñer en marcha, co mesmo fin, este mesmo ano.

 

 

Somos afortunados. A biblioteca conta cun equipo de apoio que non descansa á hora de mellorar o que temos para facer de BibliotecaRebolo ese lugar de encontro que pretende e que nos acolla a todos.

Agradecidos polo esforzo, trataremos de coidar estes novos complementos que farán que a nosa visita á biblioteca sexa tan cómoda como agradable.

Tampouco debemos esquecer esa sección de novidades que procura achegarnos o que vai aparecendo no mercado ou o que os nosos usuarios nos suxiren para que todos teñamos acceso a estes exemplares que podedes levar emprestados cando queirades.

Grazas a todos os que participachedes na iniciativa "E ti como les?" coa teima de celebrar o Día do Libro. Non nos cansaremos de dicilo: GRAZAS a todos os que fixechedes desa iniciativa algo especial e vivo.

Tivemos que retirala para deixar espazo ás compañeiras e compañeiros de matemáticas, que tamén saben facer fotos. Animádevos a participar nas súas actividades. Non hai nada como medrar facendo cousas, se acaso, facer cousas distintas.

Por iso, trasladamos a exposición á biblioteca e imos deixala de forma permanente para que poidades seguir buscando a vosa foto ou invitando aos vosos compañeiros a esta actividade. A cousa non qedou moi mal, como podedes comprobar nas fotos.

Se queredes ver máis, xa sabedes... non hai máis que visitar BibliotecaRebolo (desta vez hai unha montaxe moi bonita e intensa) ou entrar no enlace de Instagram do mesmo blog.

Vémonos na próxima.

O Equipo de Dinamización Lingüística, xunto co Departamento de Galego, e coa colaboración da biblioteca do centro, BibliotecaRebolo, propoñen, organizan e xestionan a convocatoria non de UN concurso (literario), senón de DOUS concursos (de debuxos) para celebrar o Día das letras galegas 2018.

A que estás esperando. Demostra a túa capacidade para escribir unhas liñas ou para facer unha ilustración segundo as bases do concurso. Onde podes botarlles un ollo? En case todas as clases (e non sei quen dixo case...), nas corcheiras do centro e, se non tes ganas de pararte a ler, xa sabes... como sempre... no blog da biblioteca, pincha aquí.

Hai premios, hai poucos requisitos que cumprir... Participa e demostra que somos un centro que facemos cousas e que estamos vivos. Celebremos as nosas festas co que sexamos capaces de aportar.