IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

Anímate a facer un Ciclo Superior de éxito no IES Isidro Parga Pondal.

O CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede impártese no Centro con moito éxito desde fai 18 anos.

+ INFO sobre o Ciclo: http://www.edu.xunta.es/fp/ciclo%252FSIFC01

+ INFO sobre o proceso de admisión: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647

O prazo de presentación de solicitudes - no periodo ordinario - empeza o 28 de xuño e remata o 3 de xullo.

ANIMATE!

 

Os nosos alumnos recibiron un premio máis este curso. Neste caso trátase do segundo premio que un grupo de alumnos de 2º da ESO recibiron polo seu traballo á hora de realizar un cartel publicitario no que reflectiran novas ideas de cara a un consumo responsable, obxectivo do concurso Consumópolis 13.

Este concurso, que se convoca anualmente, pretende traballar con alumnos de entre 5º de Primaria e alumnos de toda a Secundaria. O noso centro participou este curso por segunda vez a iniciativa do departamento didáctico de Filosofía a través da materia de Valores Éticos e coa colaboración de diversas titoras de 1º e 2º da ESO.

O número de alumnos participante foi moi elevado e comprendía alumnos de 1º, de 2º , de 3º e de 4º da ESO. Case todos eles enviaron traballos para participar na fase galega do concurso, pero só un deles acadou un premio. Todo un logro se temos en conta que competían con centros de toda Galicia.

Para recoller o premio, decidimos acompañar aos nosos campións cun nutrido grupo de participantes no concurso e marchamos cara a Santiago. O acto tivo lugar na Consellería de Sanidade, da que depende Consumo, onde os nosos alumnos viron como os seus compañeiros presentaban o seu traballo ao tempo que eran felicitados por diversas autoridades.

E así acabou a nosa participación este ano. Quedamos pendentes de novas convocatorias. Podedes buscar máis información neste enlace. Tendes máis nformación, coma sempre, en FiloLandra.

Os alumnos e alumnas da aula PT3, Ramón, Clara, Sebas, Marcos, Maxi, Alejandro, Noé e Brais, gañaron o PRIMEIRO PREMIO Á ORIXINALIDADE co seu mural de collage baseado no libro E haberá tirón de orellas? da homenaxeada María Victoria Moreno. O traballo en equipo e a colaboración de cada un deles e delas plásmase na orixinalidade e creatividade deste mural valorado co premio.

Bo traballo, equipo!

 

 

 

 

 

Por fin saíron os premios de Consumópolis. Na categoría de 1º e 2º ESO o equipo formado por Pablo Fraga Taibo, Pablo García Duarte,  Anxo Pose Fernández, Nerea Varela Vila e Cristina Muñiz González fixo un traballo tan bo que non pasou desapercibido no Instituto de Consumo. O mural chámase Non peches os ollos e propón unha reflexión sobre distintas formas de ver o consumos, que vemos, que non vemos..

Así que temos unha cita o venres 15 en Santiago de Compostela para recoller o premio e as honras.

Parabéns ao equipo!!

As compañeiras do departamento de Bioloxía e Xeoloxía quixeron lembrar que hoxe é o Día Mundial do Medio ambiente. A biblioteca colaborou, no desenvolvemento das súas funcións, nesta iniciativa que pretende concienciar sobre esta problemática que está a sufrir o noso planeta. Aínda que estamos a tratar dun tema de constante actualidade parece que nunca estamos a facer o suficiente. E as novas non son nada boas.

O tema deste ano, Sen Contaminación Por Plástico, fai un chamamento á poboación de todo o mundo en favor dun planeta sen contaminación por plásticos. A celebración deste día pretende facernos conscientes de que nós mesmos podemos cambiar hábitos no noso día a día para reducir a pesada carga da contaminación dos plásticos na nosa natureza, na nosa vida silvestre e sobre nosa propia saúde. O fin último é evitar situacións como esta:

Os datos son realmente alarmantes:

- 13 millóns de toneladas de plástico son vertidas, anualmente, aos océanos.

- Utilizamos 5 billóns de bolsas de plástico cada ano.

- Compramos, en todo o mundo, un millón de botellas de plástico cada minuto.

As consecuencias non se fan esperar:

- Máis de 100.000 animais mariños morren ao ano a causa do plástico, que necesita ata un século para degradarse no medio ambiente.

O obxectivo do Día Mundial do Medio Ambiente de 2018 é o de inspirar solucións que leven a un cambio sustentable nas actividades iniciais da cadea de subministración.

Estes alumnos presentan esta exposición fixa no vestíbulo do centro, coa axuda das súas profesoras, para facernos conscientes de que algo temos que facer. Neste caso adiantámonos ás iniciativas que a Unión Europea vai poñer en marcha, co mesmo fin, este mesmo ano.

 

 

LogoANPANo sorteo a ONCE do día 17 de maio resultou agraciado o número 13370:

SorteoONCE

A rifa gañadora do premio da ANPA é a que corresponde ás catro últimas cifras dese número, polo que será a rifa co número 3370

RifaPremiada