Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos


 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

Obertura da obra “O sono dunha noite de verán”

Félix Mendelssohn

Trátase dunha obra orquestral do compositor, director de orquestra e pianista de música romántica alemán, Félix Mendelssohn. Esta obra está baseada na obra de teatro do mesmo nome escrita polo dramaturgo William Shakespeare e Mendelssohn escribiuna en diferentes momentos da súa vida. A obertura, introdución instrumental que imos escoitar, rematouna cando só contaba con 17 anos e estrouse en versión concerto en 1827. En 1842, escribiu a música incidental para unha produción da obra de teatro. Esta obertura, a pesar de ter unha atmosfera romántica, incorpora moitos elementos clásicos.

MÚSICA CLÁSICA

Marcha turca de “As Ruínas de Atenas”

L.V.Beethoven

A marcha turca pertence ao conxunto de pezas de música incidental da obra “As ruínas de Atenas”, escrita en 1811 polo gran compositor, director de orquestra, pianista, profesor de piano do clasicismo alemán, L.V. Beethoven. Esta marcha está en si b maior, o tempo é vivace e o compás de 2/4. O seu esquema dinámico suxire unha procesión: empeza cun pianissimo, crece pouco a pouco ata un clímax en fortísimo para logo retroceder de novo a un pianissimo na coda.

MÚSICA CLÁSICA

Bolero

Maurice Ravel

Trátase dunha obra orquestral do compositor impresionista frances, Maurice Ravel, escrita en 1928. Este movemento orquestral, dedicado a bailarina Ida Rubinstein, inspírase nunha danza española, caracterizada por un ritmo e tempo invariables, cunha melodía que non cesa de repetirse, é dicir, un ostinato en do maior, que só varía polas distintos timbres orquestrais e unha dinámica que vai crescendo ata rematar nunha fortísima coda en mi maior.

Esta peza, considerada por Ravel, como un simple exercicio de orquestración, esconde unha gran orixinalidade, converténdose nunha das obras máis famosas deste compositor, así como unha das máis interpretada en todo o mundo.

MÚSICA CLÁSICA

“Marcha triunfal” ópera Aida

G.Verdi

Nesta ocasión escoitamos a marcha triunfal da ópera en catro actos, Aida, de G. Verdi, compositor romántico italiano de ópera, estreada en 1871. O argumento desta ópera versa sobre os tráxicos amores do guerreiro exipcio Radamés e da escrava etíope Aida, prisioneira ao servicio da princesa exipcia Amneris, a cal ama tamén o guerreiro.

MÚSICA CLÁSICA

A mañá de Peer Gynt

Edvard Grieg

Peer Gynt é unha composición instrumental de música incidental da obra dramática do mesmo nome, escrita polo dramaturgo e poeta noruegués Henri Ibsen. Edvard Grieg, compositor e pianista noruegués, considerado un dos principais representantes do romanticismo musical,  foi quen ideou a música para esta obra.

A mañá, retrata a saída do sol durante o acto IV, escea catro, na que o heroe atópase extraviado no deserto marroquí despois de que os seus compañeiros leváranse o seu barco e o abandonaran mentres durmía.

Esta peza tamén se inclúe no primeiro dos catro movementos de Peer Gynt Suite nº 1. A melodía nesta peza, A mañá, non é moi coñecida na súa ambientación orixinal, o esperta do sol no deserto, senón que, sacada de contexto, evócanos imaxes dos orixes escandinavos de E. Grieg. A melodía escrita en mi maior, usa a escala pentatónica e alterna entre a frauta e o óboe. O clímax, rompendo o esperado, escoitámolo cedo nesta peza, no primeiro forte, que significa que o sol ábrese paso.

 

 

S

A

Í

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

Danza del Oso

Danzante Banda Celta

Danza del Osos é unha canción do xénero musical pertencente ao folk de Danzante Banda Celta e foi publicada no 2004.

 

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

Voyage voyage

Desireless

Canción gravada en 1986 pola cantante francesa Desireless, primeiro sencillo do seu álbum “François”. A canción foi exportada a países cerrados á música francesa (en Alemaña, chegou ao máximo posto en 1987), pero curiosamente a canción non chegou ao posto número 1. En Francia mantívose no posto 2 durante catro semanas, e nos mellores postos durante 5 meses.

MÚSICA ROCK

I can’t get no (Satisfaction)

The Rolling stones

É un sencillo lanzado pola banda británica de Rock,  The Rolling Stones, en 1965. A canción compuxérona os líderes da agrupación. O cantante Mick Jagger e o guitarrista Keith Richards. Con este tema conseguen o seu primeiro nº 1 en EEUU, o 4º en Reunido Unido, e o seu primeiro triunfo a nivel global na escena musical mundial. Considérase pola crítica como a mellor gravación da banda e unha das mellores da música contemporánea.

MÚSICA SOUL

Unchained Melody

Alex north

Trátase dunha das cancións con más versións do século XX. Foi escrita por Alex North con letras de Hy Zaret para a película de 1955 Unchained. Ese ano, a canción soul foi nominada ao Óscar como mellor canción. Ocupa o posto número 365 na lista das 500 mellores cancións de todos os tempos da revista Rolling Stone.

MÚSICA POP

Papaoutai

Stromae

 Escoitaremos unha canción de xénero pop que narra a ausencia paterna, que el tamén experimentou. O cantante de nai belga e pai ruandés falecido no xenocidio de Ruanda en 1994, declarou para unha entrevista para o periódico Libération que chorou mentres compuxo a canción recoñecendo que “quizais foi en parte pola experiencia persoal”.

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

Determinate

Disney channel

Canción interpretada pola artista estadounidense Bridgit Mendler. Cántaa co  cantante pop estadounidense Adam Hicks. Foi producido por Twin de Lemonade Mouth en 2011, a BSO da película para Disney Channel. Foi lanzado como segundo sencillo do álbum o 15 de abril de 2011 a través de Walt Disney Records.

 

BSO PELÍCULAS

Determinate

Disney channel

Canción interpretada pola artista estadounidense Bridgit Mendler. Cántaa co  cantante pop estadounidense Adam Hicks. Foi producido por Twin de Lemonade Mouth en 2011, a BSO da película para Disney Channel. Foi lanzado como segundo sencillo do álbum o 15 de abril de 2011 a través de Walt Disney Records.