Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

E

N

T

R

A

D

A

 

MÚSICA CLÁSICA

3º Mov. Concerto para corda e baixo continuo

Antonio Vivaldi

Antonio Vivaldi é un compositor, violinista, empresario, profesor e sacerdote católico veneciano do Barroco. Chamábanlle “O cura vermello” por ser sacerdote e roibo. Considérase dun dos máis grandes compositores do Barroco. A súa mestría reflíctese en cimentar o xénero do concerto, o máis importante da súa época, polo que imos escoitar o 3º movemento do Concerto para corda e baixo continuo en Re M.

MÚSICA CLÁSICA

Bourrée Suite nº 1

J.S.Bach

 Bourrée é un termo francés que designa a unha danza popular francesa. Dita danza rápida, empregáronse nos ballets e óperas francesas do s. XVII e s. XVIII, e en particular nas suite barrocas de G.F. Haendle e J.S.Bach, ambos grandes compositores do Barroco musical. Nesta ocasión escoitaremos A Bourée da suite nº 1 de J.S. Bach

MÚSICA CLÁSICA

Giga e trío final da “Suite en Sol M” Música acuática

G.F.Haendel

A música acuática, é unha colección de movementos orquestrales do gran compositor británico do barroco musical, G.F. Haendel. A miúdo, estas obras considerábanse como tres suites, é dicir,  unha composición musical composta dun número indeterminado de movementos, que dependen tradicionalmente dun ritmo de baile. Estreáronse en 1717, cando o rei Xurxo I, solicitou un concerto que se celebraría no río Támesis. Quedou tan satisfeito coa música que ordenou que se repetise polo menos tres veces. A continuación escoitaremos a giga e trío final da suite en Sol M.

MÚSICA CLÁSICA

4º mov. Sinfonía 88

Joseph Haydn

 

Unha sinfonía é unha composición orquestral que posúe catro movementos, coma neste caso nos ofrece o gran compositor austríaco do clasicismo musical, J. Haydn. Nesta ocasión, está orquestrada para frauta, dous óboes, dous fagotes, dúas trompas, dúas trompetas, timbais, baixo continuo e sección de cordas. É unha das sinfonías máis coñecidas de Haydn, e o 4º movemento, considérase un dos máis alegres que J. Haydn escribiu.

MÚSICA CLÁSICA

3º mov. Sinfonía nº 39

W.A. Mozart

W.A.Mozart, gran compositor do Clasicismo musical, compuxo esta sinfonía, xunto con outras dous máis, ao longo do verán de 1788, sendo as últimas que faría antes da súa morte. Ao mesmo tempo, escribía os seus tríos para piano, a súa sonata fácil e unha sonatina para violíns. A sinfonía nº 39 está instrumentada para frauta, clarinetes, fagotes, trompas, trompetas, timbais e corda. Consta de catro movementos. No terceiro movemento, na parte do trío, emprega unha danza folclórica austríaca, denominada “landler”, e presenta un solo de clarinete, e o minuetto é enérxico.

 

 

S

A

Í

D

A

 

 

 

MÚSICA FOLK

Contravento

Fia na Roca

Fía na Roca é un grupo de folk galego procedente de Santiago de Compostela. Caracterizábanse pola riqueza dos seus arranxos, de carácter contemporáneo, étnico e incluso jazzístico, mais en 2010 anunciaron o fin da súa andadura como grupo.

MÚSICA DISCO AÑOS 70/80/90

Spice up your life é unha canción con influencias de pop e samba, composta polo famoso grupo feminino Spice Girls para o seu segundo álbum Spiceworld, en outubro de 1997.En Europa tivo un grande éxito, sobre todo no Reino Unido, converténdose no número 1, sendo o sexto sencillo do grupo en chegar a esta posición.

MÚSICA ROCK

You Give Love a Bad Name é o nome do primeiro sencillo e da segunda canción do álbum de estudio da banda rock  Bon Jovi, titulado "Slippery When Wet". Foi lanzado en xullo de 1986 chegando a alcanzar o posto n.º 1 na lista do Billboard Hot 100, converténdose no primeiro grande éxito da banda. Esta canción foi unha dedicatoria de Jon Bon Jovi para Diane Lane (a súa parella, naquel momento). Trata dunha muller que fai sufrir ao seu amante terriblemente. 

MÚSICA SOUL

Never forget you

Noisettes

Trátase do terceiro sencilo da Banda británica Noisettes, so seu álbume Wild Young Hearts, lanzado en 2009.

MUSICA POP

Don’t stop Believing

Glee/Journey

Glee  é unha serie de televisión estadounidense de comedia musical xuvenil, que se converteu en todo un éxito entre 2009-2015. O tema que imos escoitar, Don’t stop believing, é unha versión da canción escrita pola banda de pop rock estadounidense, Journey, empregada en dita serie T.V.

 

  T

A

R

D

E

 

 

BSO PELÍCULAS

Wonderwall é a banda sonora do libro Boulevardde Flor Salvador, o cal foi publicado o 17 de maio de 2020 en físico xa que pertencía a unha plataforma chamada Wattpad. É unha canción da banda inglesa de rock Oasis incluída no seu segundo álbum (What's the Story). Compúxoa  Noel Gallagher e é probablemente a canción máis coñecida da banda.

 

BSO PELÍCULAS

Wonderwall é a banda sonora do libro Boulevardde Flor Salvador, o cal foi publicado o 17 de maio de 2020 en físico xa que pertencía a unha plataforma chamada Wattpad. É unha canción da banda inglesa de rock Oasis incluída no seu segundo álbum (What's the Story).  Compúxoa  Noel Gallagher e é probablemente a canción máis coñecida da banda