MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
E N T R A D A
|
MÚSICA CLÁSICA O reloxo musical vienés Zoltán Kodály Z. Kodály é un destacado músico e compositor húngaro que destaca por un estilo que na súa primeira fase era post-romántico e vienés, propio do momento no que vive, pero que logo eoluciona e mestura o folklore con armonías propias do s. XX. Outras das facetas que o caracteriza é que se converteu nun dos grandes pedagogos musicais do s.XX. O reloxo musical vienés é un dos temas incluídos dentro da obra titulada “A suite Háry Janós”. Este nome pertence a unha personaxe real que serviu ao exército imperial de Austria cerca de 1800, e, a través de el, créase unha lenda das súas “fazañas heroicas”. No fragmento que escoitaremos descríbese ao protagonista Hay Janos vendo a uns soldadiños marcar ás horas do reloxo.
|
MÚSICA CLÁSICA Polonesa en Si bemol Franz Schubert Imos escoitar ao compositor austríaco do Romanticismo musical, F.Schubert. A polonesa é unha forma musical consistente nun movemento de marcha moderada e ritmo ternario. É a danza nacional de Polonia. Naceu coma un baile, é dicir, coma a escusa dos nobres para mostrar os seus suntuosos fogares os seus achegados e a plebe. Nesta audición escoitaremos a toda orquestra sinfónica xunto cun violín solista. |
MUSICAL Good Morning Singin’ in the rain Nacio Herb Brown Hoxe dámosvos os bos días co famoso musical estadounidense Singin’ in the rain (1959). A canción Good Morning está escrita orixinalmente para a película Babes in Arms (1939) |
S A Í D A
|
MÚSICA ROCK I love Rock N’Roll Joan Jett É unha canción rock escrita en 1975 por Alan Merrill e Jake Hooker para a banda The Arrows. A canción non tivo éxito nas listas, a consecuencia da falta de promoción por parte da discográfica da banda. Interpretada por Joan Jettt, cantante , compositora, guitarristae produtora estadounidense, conseguiu un gran éxito en 1982, entrando na lista das Top 100 cancións do século XX. |
MÚSICA SOUL Black to black Amy Winehouse Black to black é o segundo e último albume de estudio da cantante británica Amy Winehouse. O seu lanzamento principal realizouse en 2006, recibindo críticas positivas por parte dos críticos de música, gañándose a louvanza polas súas influencias clásicas de soul. Recibiu cinco premios na 50ª cerimonia dos premios Grammy. A finais de 2011, Black to black anunciouse como albume máis vendido no Reino Unido no século XXI.
|
MÚISCA POP Believe Imagine Dragons Trátase dunha canción escrita e gravada pola banda estadounidense de rock-pop, Imagine Dragons. Lanzouse en 2017 como o sencilo principal do seu terceiro albume de estudio Evolve. Empregouse tamén en anuncios e campañas publicitarias, no capítulo final da serie Riverdale, no documental Finn Bálor....
|
T A R D E
|
|
BSO PELÍCULAS Carros de fuego Vangelis Carros de fuego é unha película británica de 1981, dirixida por Hugh Hudson, baseada na historia real dos atletas británicos preparándose para competir nos Xogos Olímpicos de París en 1924. O seu compositor é o teclista e compositor grego Vangelis, gañador dun Oscar a mellor banda sonora en 1981, polo tema que imos escoitar a continuación.
|
|