Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

ACTUALIZADO: Unha vez publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional do alumnado beneficiario do reparto de máscaras segundo a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E), procederase ao reparto das mesmas.

Este luns día 14 comezou o reparto de máscaras reutilizables (25 lavados cada unha), para o uso das mesmas ata final de curso. Ese reparto finalizará nos vindeiros días coa entrega das mesmas a todo o alumnado beneficiario.