Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O fin do estado de alarma, permitiu ao alumnado de música de 1º Bacharelato,  xuntarse para gravar, cumprindo todas as directrices sanitarias, un dos proxectos que tiña preparados para a II Semana da música.

Agradecemos a dirección do IES Isidro Parga Pondal todas as facilidades para levalo a cabo, así como aos profesores invitados e aos técnicos de imaxe e son pola súa extraordinaria e magnífica aportación.

Xa por último, resaltamos o compromiso, esforzo, espírito colaborador, entusiasmo, ilusión e gañas do noso alumnado que nos permite plasmar na realidade os proxectos ideados con moito agarimo polo departamento de música.

Esperamos que gocedes con este tema tan vital de Coldplay, Viva la vida.