Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

A partires do 23 de xuño e ata o día 7 de xullo (incluídos) procederase á devolución dos libros en préstamo do Fondo Libros.

Prégase ao alumnado con libros en préstamo que faga a devolución do mesmo no seguinte calendario:

Curso       Data de devolución preferente
1º ESO 23 de xuño (martes)
2º ESO 26 de xuño (venres)
3º ESO 29 de xuño (luns)
4º ESO 30 de xuño (martes ata as 12:30 horas)

O alumnado só devolverá os libros das materias aprobadas. No caso das materias pendentes para setembro farase a devolución do libro o día do exame.

A devolución dos libros farase pola entrada habilitada a tal efecto no centro (porta da esquerda), e non será preciso solicitar cita previa para a mesma, polo que se roga que se garden as distancias sociais e se tomen as debidas precaucións.