Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Hoxe saíu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O prazo de presentación rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Enlace ao servizo para facer a solicitude online.

Páxina de tramitación en sede electrónica

Anexos para presentación presencial: Anexo I - Anexo II

Instruccións da convocatoria.

Máis información na web da Xunta

No caso de solicitarse o código de centro para a solicitude será o 15027307.

Lémbrase que para a participación no fondo solidario de libros de texto é condición necesaria a devolución dos libros en préstamo do curso actual. Esa devolución farase unha vez finalizado o curso actual e antes do 7 de xullo. Publicarase un calendario de devolución por cursos na web do centro antes desas datas.