Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o “Día da Muller e da Ciencia . Desde o noso centro queremos sumarnos a esta conmemoración. Cremos que é sumamente importante que o número de alumnas que estuden carreiras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) medre, que se dean conta que TODAS poden facer aquilo que se propoñan e nós queremos motivalas para levalo a cabo.
Destacamos así, o proxecto que está realizando o alumnado de 2º bacharelato na optativa TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións) guiados pola súa profesora Leticia Riestra. Estes están participando nun concurso internacional (organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona) dirixido a colexios e institutos de España e Latinoamérica e cuxos obxectivos son:
Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
Potenciar referentes femininos actuais que sirvan de inspiración ás máis novas.
Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.
O alumnado leva varios meses preparando a súa páxina web con gran esforzo, motivación e ilusión. Realizaron varias entrevistas a mulleres relevantes tanto de maneira presencial como a distancia e traballaron con diferentes ferramentas para reflectir na súa páxina web o esforzo realizado.
Publicaron ademais, nas nosas redes sociais, noticias relevantes no ámbito STEM así como os progresos duranteo desenvolvemento do proxecto.
As diferentes mulleres entrevistadas foron:
Verónica Rojo Oróns: Bióloga. Traballando en AllGenetics.
Marta Esperanza Llera: Bióloga. Investigadora
Marta Nael: Ilustradora.
Verónica Bolón Canedo: enxeñeira Informática. Profesora e investigadora.
Tamara Riestra Ainsua: Enxeñeira Informática. Profesora de Secundaria.
Ángeles Saavedra Places: licenciada en informática. Profesora e investigadora.
Sandra Santos Suárez: Matemática. Profesora de secundaria.
Iria Roca Otero: Matemática. Investigadora.
Podedes consultar o traballo realizado no seguinte enderezo: XXX así como seguirnos nas redes sociaiss @Facebook, @Twitter e @Instagram e compartir as nosas noticias para intentar chegar ao maior número de mulleres posibles.